O TSXG ratifica a obriga de pagar IBI á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

Abel Caballero deu conta esta mañá dunha sentenza do TSXG que avala, unha vez máis, a ordenanza fiscal do IBI pola que a concesionaria ten que pagar máis de 900.000 euros ás arcas municipais. O tribunal dálle a razón ao Concello e desestima o recurso interposto pola Xunta e a empresa xestora do hospital terá que pagar tamén os atrasos xerados ata o de agora.
Publicado por o día 26/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O TSXG ratifica a obriga de pagar IBI á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza desbotando o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta contra o acordo plenario de aprobación definitiva da ordenanza municipal do IBI. Como empresa privada que é, a concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro ten que pagar este imposto, o que supón máis de 900.000 euros anuais, máis as débedas pendentes.

Esta sentenza ten como precedente a Sentenza nº 75/2020 do 14/02/2020- Tribunal Superior de Xustiza de Galicia – Sección 4, na que actuou como demandante a Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo, S.A., xa que como indica “en cuanto a la cuestión de fondo los motivos de impugnación esgrimidos por la Xunta de Galicia son coincidentes son los que fueron analizados por esta misma Sala y sección en su sentencia de fecha 14 de febrero de 2020 en sede del procedimiento ordinario 15113/2013 interpuesta por la “Sociedad Concesionaria Novo Hospital de Vigo SA”.