O TTIP, un voutre que planea sobre Europa

Publicado por o día 09/10/2015 na sección de Podemos,Política

O TTIP, un voutre que planea sobre Europa

Se o acordó TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) entre EEUU e a UE é asinado, suporá un beneficio para as multinacionais que poderán saltarse as normativas e soberanías dos estados europeos que adhiran este acordo.

Isto quere dicir que as normativas de Europa non terán validez porque as grandes empresas poderán sancionar os estados, unha vez que se asinou, coas condicións que se establezan nos contratos, que non poderán modificar as normativas sobre seguridade, emprego, sanidade, etc., que prexudiquen os lobbies.

Hai un exemplo moi significativo para explicalos: Philip Morris púxolle unha demanda internacional a Uruguai por un monto de 25 millóns de dólares, por unha violación dun tratado bilateral similar, ao modificar a súa lexislación con respecto ao tabaco –especificando nas caixas que este prexudicaba a saúde-, algo que non constaba no contrato e supuxo unha demanda multimillonaria da tabacalera contra este país porque a empresa considerou que o aviso prexudicábaa directamente na venda dos seus cigarros nese país. Calquera modificación en canto á lexislación de calquera estado que poida prexudicalos, sexa do modo que sexa, está exposta a unha demanda desorbitada porque estes contratos están por riba de calquera lexislación dos estados soberanos. Impoñerán aos estados membros da Unión Europea os menos esixentes convenios vixentes nos EE.UU. no momento do asinamento destes contratos, isto é:

– Dereitos laborais, incluídos convenios colectivos, que non poderán ser modificados polos países xa que serán sancionados só co feito de que se aleguen perdas.

– Privatización dos servizos públicos que nos impoñerán ilos reducindo ao mínimo asistencial.

– Eliminación das preferencias nacionais nos contratos públicos.

– As avaliacións destes contratos levaraas unha comisión independente dos estados ou da Unión Europea e de carácter privado.

– Restricción nos medicamentos xenéricos porque as farmacéuticas non quererán perder os seus ingresos multimillonarios.

– A pequena e mediana empresa sufrirá as imposiciones dos lobbies estadounidenses.Municipios e CC. AA. tamén perderán poder legislativo. A perda de soberanía será total no tocante a economía e comercio.E poderiamos seguir con máis restriccións, pero aínda queda a guinda do pastel porque a pregunta é: quen resolve os conflitos entre as multinacionais de EEUU e os Estados Soberanos Europeos? A resposta non é nada alentadora: farao un Comité Independente de -supostos- expertos, designados entre as multinacionais e os estados. Pero tamén temos que responder á pregunta de, se hai un conflito entre estas grandes empresas, cun exército de avogados especializados, e os estados soberanos de Europa, ¿quen terá todo para perder a contenda e ter que pagar unhas cantidades multimillonarias só por modificar a lexislación?. Os estados, é dicir, nós, todos, o noso erario público. Á corrupción súmase a impunidade e a patente de corso.

PODEMOS VIGO está totalmente en contra dun tratado feito por uns poucos e que afecta a moitos e que nos rouba soberanía para entregala ás grandes corporacións transnacionais. Como cidadáns negámonos a perder dereitos e manifestamos a máis enérxica repulsa a este aldraxe. Cidadanía de Vigo, desde Podemos facemos un chamamento a rebelarnos contra un tratado inxusto que afectará tamén ás futuras xeracións.

Hai que parar o TTIP. Por iso, dende Podemos Vigo chamamos a toda a cidadanía a sumarse á manifestación que partirá este sábado ás 20.00 dende a Praza da Independencia.

PRENSA “Carmen Guardado –  Grupo de Relato Podemos Vigo”