O Val Miñor volve sumar 11 distintivos azuis de ADEAC

Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O Val Miñor volve sumar 11 distintivos azuis de ADEAC

Hoxe deuse a coñecer a listaxe definitiva de praias e portos galardoados coa Bandeira Azul en 2018, ademais das distincións temáticas en materia de salvamento e socorrismo, accesibilidade e comunicación e educación ambiental, e os Centros e Sendeiros Azuis.

A comarca do Val Miñor mantén a cifra de distintivos da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), conseguindo ao igual que no 2017 11 galardóns, 9 Bandeiras Azuis, 8 para praias e 1 para Portos Deportivos, e 2 Sendeiros Azuis.

Así, en Baiona ondearán a bandeira de novo os areais de Os frades, A Barbeira, A Concheira e A Ribeira, aos que se suma a Praia de Santa Marta. O Monte Real Club de Yates repite un ano máis e a última distinción da localidade foi para o Sendeiro Litoral de Baiona. Perde o recoñecemento o Porto Deportivo Baiona.

En Nigrán mantéñense as bandeiras en Panxón, Praia América e Patos. Tamén foi recoñecido un ano máis o Sendeiro Litoral do Ecosistema Dunar de Playa América-Panxón.

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 109; que se eleva a 124 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 146 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,50) das 590 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (123 bandeiras).

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2018. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 109; que se eleva a 124 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 146 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,50) das 590 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (123 bandeiras).

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

En relación aos portos deportivos, en 2018 Galicia obtén 15 galardóns, sendo a provincia da Coruña a primeira en encabezar a lista con sete portos, seguida por Pontevedra con seis e dous da provincia de Lugo.