O Var salva a un Celta medorento e queda en primeira un ano máis

O RC Celta consegue a permanencia na última xornada
Publicado por o día 19/07/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

O Var salva a un Celta medorento e queda en primeira un ano máis

O conxunto vigués conseguiu a súa permanencia en Primeira División a pesar de realizar un mal partido ante o Espanyol cunha actitude medorenta. A súa vantaxe de puntos co Leganés, e o fracaso dos madrileños no seu obxectivo de gañar ao Real Madrid, foi suficiente para que o Celta de Vigo goce un ano máis na liga.

Os celestes crearon perigo aos cinco minutos de falta directa, aínda que Aspas mandouna á barreira. Máis aló desta acción, ningún dos dous equipos puxo emoción ao partido nos primeiros compases. O Espanyol, pola súa banda, chegaba á área rival, pero sen perigo nos metro finais.

Unha dobre ocasión de Marc Roca e Wu Lei, sen apenas perigo, foi o máis destacable para os branquiazuis. O porteiro Iván Villa puido disipar os problemas con facilidade. O anfitrión apertou e gañou presenza na área rival, aínda que nunca concretou as súas aspiracións no marcador.

A tensión mantívose ata o último minuto. A pesar de que ao Celta lle valía con gañar, apenas chegaron á portería rival. É máis, foi Embarba o que chegou a anotar un tanto que tombou todos os ánimos do cadro visitante. Por sorte para eles, o colexiado interveu e acabou anulando ese tanto ‘perico’ mediante Var.

Na continuación, o cadro galego saíu cunha marcha máis, aínda que pronto apostou por aguantar o resultado e non correr riscos. O Espanyol crecíase e a entrada de Vargas dinamizou o xogo dos locais. O arxentino asustou a Iván Villar, pero o seu disparo foi moi desviado.

O primeiro disparo do Celta entre os tres paus chegou aos 70 minutos da man de Sisto. Aos poucos, o cadro visitante, pendente do marcador do Leganés-Real Madrid, tentou acelerar. No minuto 77, o luminoso en Butarque lucía un empate a dous. Un triunfo do Leganés enviaba ao Celta a Segunda.

Aínda por riba, e cun digno Espanyol que deu a cara a pesar de estar xa descendido, Victor Sánchez tívoa no desconto para marcar o 1-0. O seu disparo primeiro foise ao traveseiro e, segundos despois, volveu ser anulada a xogada por fóra de xogo previo. Dous avisos que subiron as pulsacións no banco do Celta.

Segundos despois de terminar o encontro co 0-0, todo o persoal galego foise ás pantallas para esperar o asubío final en Butarque. O Leganés só puido empatar #ante o Real Madrid e o Celta certificou a súa permanencia en Primeira División.

Iago Aspas “isto que pasou este ano non ten que pasar o ano que vén”, “faltounos fluidez e o nerviosismo fixo contaxiar ao equipo”.

NoticiasVigo.es lanzou unha enquisa en twitter na que poderedes participar.

Ficha tecnica

0 – RCD Espanyol: Oier; Pipa, David López (Naldo, 80′), Cabrera, Dídac; Pol Lozano, Marc Roca (Víctor Sánchez, 77′), Melendo (Vargas, 22′), Nico (Pedrosa, 79′); Embarba y Wu Lei (Campuzano, 71′).

0 – Celta: Iván Villar; Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, Olaza; Beltrán (Jacobo, min.87), Bradaric (Okay, 77′); Brais Méndez (G. Fernández, 85′), Santi Mina, Sisto (Cheikh, 87′) y Aspas.

Árbitro: Cordero Vega (comité cántabro). Amoestou a Bradaric (25′), Olaza ( min.65), Dídac (88′), Jacobo (89′) e a Embarba (90′).

Incidencias: partido correspondente á trigesimoctava xornada de LaLiga disputado no RCDE Stadium Cornellà.

Fotos

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.