Asemblea Aberta de Coia convoca unha manifestación

Publicado por o día 15/01/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Asemblea Aberta de Coia convoca unha manifestación
– A manifestación será baico o lema : XUSTIZA SOCIAL. ¡NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a desobediencia pacífica. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións por tocar a bucina…

Estamos a destapar o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos… en definitiva: sen dereitos sociais.

Aquí non sobra ninguén, precisamos a todo o mundo!  Por iso animamos a persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas… que veñna á manifestación. Xuntas estamos xa a construír dende abaixo, dende a xente outra cidade, na que as persoas e as nosas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
PRENSA ASAMBLEA ABERTA COIA