O vicepresidente da Xunta en funcións participa na inauguración do túnel do viño en Cambados

Publicado por o día 30/07/2020 na sección de Galicia,Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta en funcións participa na inauguración do túnel do viño en Cambados

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do Túnel do Viño, que terá lugar en Cambados ata o sábado, e no que participan 60 bodegas e 173 marcas baixo o selo de denominación de orixe das Rías Baixas.

Alfonso Rueda eloxiou a calidade dos viños galegos, ao tempo que destacou a importancia de promover e potenciar o sector do viño, como sector punteiro na nosa comunidade que ano tras ano vai medrando e innovando, e que coa súa vocación internacional proxecta a mellor imaxe de Galicia no exterior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.