O Vicus Spacorum VIII terá lugar os días 14 e 15 de setembro

Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Vicus Spacorum VIII terá lugar os días 14 e 15 de setembro

VICUS SPACORUM é un evento de ambientación histórica que este ano celebra o seu VIII aniversario no parque do populoso barrio vigués do PAU de NAVIA. O nome VICUS SPACORUM tómase da denominación que se deu aos antigos asentamentos romanos establecidos no actual territorio de Vigo.

O evento contará con múltiples contidos para nenos e adultos que nos trasladarán ao período histórico que se inicia cando entraron as primeiras tropas romanas na actual Galicia, por Xinzo de Limia, alá polo 137 a. C.. VICUS SPACORUM reflectirá a época posterior a esta chegada, onde os clans castrexos (Galaicos) conviviron cos romanos nas nosas terras, ata que os Suevos e os Alanos relevaron aos mediterráneos como dominadores da provincia romana de Gallaecia, alá polo Século V d. C..

En 2015 VICUS SPACORUM iniciou unha reconversión profunda, con novo equipo de organización e un cambio de emprazamento e programa que foi do agrado de todos. Para a edición número VIII multiplicaranse as actividades para toda a familia con numerosas propostas dedicadas ao público infantil. O Amphitheatrum tomará gran protagonismo e será escenario para diversos tipos de loitas e espectáculos.

VICUS SPACORUM, creado e organizado pola Asociación De Comerciantes do PAU de Navia, continúa a súa aposta por unir forzas entre as diferentes asociacións e entidades do barrio, facendo de nexo entre todos para que os veciños e os comerciantes acaben sentíndose orgullosos cun evento que pretendemos que senta como de todos. Este enfoque de colaboración culmínase coa axuda das institucións principais da zona, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra, fundamentais para o bo desenvolvemento deste tipo de eventos.

Programa

JORNADA SÁBADO

AS CORES DOS HORARIOS SE CORRESPONDEN COS ESPAZOS ONDE SE DESENROLAN AS ACTIVIDADES. CONSULTE O NOSO MAPA. Á DEREITA TEN OS HORARIOS DAS REANUDACIÓNS E DOS SEGUNDOS ACTOS.

JORNADA DOMINGO

AS CORES DOS HORARIOS SE CORRESPONDEN COS ESPAZOS ONDE SE DESENROLAN AS ACTIVIDADES. CONSULTE O NOSO MAPA. Á DEREITA TEN OS HORARIOS DAS REANUDACIÓNS E DOS SEGUNDOS ACTOS.

Mapa

Comentar noticia

Your email address will not be published.