O VII festival Primavera do Cine en Vigo desvela as longametraxes que se poderán ver na súa sétima edición

Trinta Lumes, de Diana Toucedo; Dhogs, de Andrés Goteira; A historia dun satélite, das AlsoSisters e A fábrica de nada, de Pedro Pinho, entre as cintas seleccionadas.
Por o 16/04/2018 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
O VII festival Primavera do Cine en Vigo desvela as longametraxes que se poderán ver na súa sétima edición

A sétima edición do Primavera do Cine en Vigo avanza as once películas que compoñen a sección oficial de longametraxes que se poderán ver do 8 ó 13 de maio nas diferentes sedes do festival: o Auditorio do Concello, o Instituto Camões, os Multicines Norte e a Sala Ingrávida (en Porriño).

As obras seleccionadas abordan temas tan diversos como a dura loita dos refuxiados afgáns por cruzar a fronteira de Hungría e fuxir do frío extremo de Serbia en Invierno en Europa, dirixida polo realizador Polo Menárguez; a Galicia máxica e misteriosa que se atopa no Courel en Trinta Lumes, de Diana Toucedo e que vén de exhibirse na Berlinale, ou a rebelión levada a cabo polos obreiros portugueses nunha fábrica a piques de desmantelarse en A fábrica de nada, de Pedro Pinho. Unha cinta que mestura con éxito xéneros tan dispares como o documental, a ciencia ficción ou o musical. Pedro Pinho conseguiu con este filme o premio á mellor obra europea no festival de Sevilla 2017 e sorprendeu o festival de Cannes, onde gañou o premio da Federación de Críticos e provocou sete minutos de aplausos.

A sección oficial de longametraxes conta tamén con títulos destacados como a ópera prima de Andrés Goteira e gran triunfadora dos XVI premios Mestre Mateo, Dhogs, que levou nada menos que 13 galardóns, converténdose así na obra máis premiada da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual.

Previsión informativa

SECCIÓN OFICIAL DE LARGOMETRAJES GALLEGOS Y LUSÓFONOS

Miriam Albert-Sobrino e Sonia Albert-Sobrino (as AlsoSisters) competirán por levar o premio á mellor película coa súa delirante obra: A historia dun satélite, un filme que ten todos os ingredientes para sorprender e que abarca desde a comedia negra ó cinema de aventuras, a ciencia ficción e o cine bélico.

Somos plaga, de Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca, un documental que profundiza no significado e as implicacións que ten o término “plaga” proxectarase na Sala Ingrávida, en Porriño.

Así mesmo, Tódalas mulleres que coñezo, tamén de Xiana do Teixeiro, unha obra que reflexiona sobre o desequilibrio que existe entre homes e mulleres, poderase ver no certame.

Dentro do apartado de películas lusófonas o festival Primavera do Cine mostrará un total de seis obras, todas elas de gran calidade e que serven para mostrar a ampla variedade cinematográfica que existe tanto en Portugal como en Brasil.

Entre os títulos, destacan obras como Elis, un filme de Hugo Prata que só se estrenou en España no festival Iberoamericano de Huelva 2017, no Novocine, un festival organizado pola embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano-Brasileira e no festival de Málaga 2018. A obra de Hugo Prata retrata a Elis Regina, unha das cantantes máis queridas de Brasil e que se poderá ver no festival grazas á colaboración coa embaixada de Brasil en Madrid.

Doutra banda, o certame tamén mostrará Cartas da guerra, de Ivo Ferreira, que narra a dureza da guerra colonial portuguesa a través das cartas dun soldado á súa muller mentres está en Angola como alferez médico.

Previsión informativa

O resto de películas que conforman a sección oficial de longametraxes son O dedo na ferida, de Silvio Tendler, un documentalista brasileiro de renome que presenta un filme que fala do fin do estado de benestar e Aquarius “Doña Clara”, de Kleber Mendoça Filho, unha obra protagonizada pola gran Sonia Braga que narra a resistencia dunha muller de abandonar o seu fogar e que é, sen dúbida, un dos seus mellores papeis.

Finalmente, e como parte da retrospectiva de cine brasileiro, proxectarase fóra de concurso Cabra, marcado para morrer, de Eduardo Coutinho, un dos grandes referentes do Novo Cinema Brasileiro.

SECCIÓN OFICIAL DE LONGAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS GALEGAS

Dhogs, Andrés Goteira
Invierno en Europa, Polo Menárguez
30 lumes, Diana Toucedo
Tódalas mulleres que coñezo, Xiana do Teixeiro
A historia dun satélite, AlsoSisters
Somos plaga, Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca

SECCIÓN OFICIAL DE LONGAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS LUSÓFONAS

Cartas da guerra, Ivo Ferreira
Elis, Hugo Prata
A fábrica de nada, Pedro Pinho
O dedo na ferida, Silvio Tendler
Aquarius “Doña Clara”, Kleber Mendoça Filho

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.