O vindeiro mércores 22 ás 10 da mañá realizaran un acto de presentación conxuta das alegacións a Modificación Puntiual do PXOM de Mos

Greenpeace participa no acto rexeitando o pelotazo urbanístico pero por un tema de prazos non suscribe as alegacións
Publicado por o día 15/01/2020 na sección de Galicia,Mos

O vindeiro mércores 22 ás 10 da mañá realizaran un acto de presentación conxuta das alegacións a Modificación Puntiual do PXOM de Mos

O vindeiro mércores 22 ás 10 da mañá realizaran un acto de presentación conxuta das alegacións a Modificación Puntiual do PXOM de Mos pola que pretenden darlle encaixe a unha “desfeita urbanística e medioambiental nos montes de Tameiga”. 

Ese día daran cita a veciñanza comuneira representada na Comunidade de Montes de Tameiga e nas catro comunidades de Traidas de auga afectadas (Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Petelos-Tameiga e Sanguiñeda, a Asociación Veciñal a Portela de Tameiga, as organizacións ecoloxistas (Greenpeace, Verdegaia, ADEGA e Ecoloxistas en Acción Galiza), as centrais sindicais do país (CIG, CGT, CC.OO., CUT e UGT) e as forzas políticas locais (PSOE, GañaMós e BNG). Ademais de presentar as alegacións das comunidades, asociacións e  organizacións asinantes tamén presentaremos os centos de alegacións individuais suscritas polas veciñas e veciños de Mos.

Centos de voces unísonas alegaremos todas xuntas. Alegamos a prol da auga, a prol do monte, en prol da vida. Pero sobre todo alegamos a prol da humanidade como especie intelixente que sabe que non pode repetir os erros do pasado se quere que o futuro non sexa tan negro como o corazón de brea dos promotores deste desastre social e medioambiental nos montes  de Tameiga.

Non estamos sós como sociedade civíl, ademais da Deputación Provincial de Pontevedra diversos organismo presentaron informes non favorables ou poñendo reparos á actiuación (Demarcación  de Carreteras del Estado en Galicia, Dirección General de Aviación Civil, Dirección General de Política Energética y Minas e Dirección General de Telecomunicaciones y Tecnologías)

1.-  Informe  da Deputación Provincial de Pontevedra: Entre outras cuestións afirma que “non resolve o grave problema que se crea na continuidade do servizo público viario desta Deputación, motivado polo incremento substancial do tráfico que xerarán os novos usos previstos, sacrificando a adecuada continuidade do servizo público viario por mor de satisfacer uns novos usos de carácter privado”. O informe do organismo provincial especifica que a modificación non dá cumprimento á lexislación, “no tocante á clasificación urbanística do chan á marxe do viario proposto como variante ou alternativa a un tramo da  EP-2605 de titularidade desta Deputación (denominado SX- INF 09)”.

Tampouco se cumpre a normativa “no relativo á obrigación de destinar o Sistema  Xeral Viario e engadir ao sector os terreos comprendidos entre a liña exterior do dominio público e a liña límite de edificación do viario  SX- INF-09 que se propón como alternativa á EP-2605”. Así mesmo, o informe desfavorable tamén destaca que “se carece das necesarias concrecións de titularidade dos viais alternativos, nin a forma de obtención dos terreos, que actualmente ocupa o dominio publico viario da Deputación que se prevé ocupar”. Neste sentido indica que “non se fai mención expresa e concrétase a titularidade que se prevé para o vial  SX- INF-09 que se propón como alternativa dun tramo da EP-2605”. Así mesmo “non se fai mención expresa e concreta a titularidade que se prevé para o vial VL 4 que discorre desde a EP-2605 ata enlazar co vial SX- INF-09 que se propón como alternativa á EP-2605”.

Por último, di o informe que na modificación “non se especifica a forma de obtención dos terreos que ocupa na actualidade a  EP-2605 nos que a Modificación Puntual prevé o seu paso a terreo de titularidade privada para un uso Dotacional Privado e Terciario no relativo á súa obtención por expropiación, mediante convenio ou calquera outra forma”. Para a Deputación, a Modificación Puntual considérase respecto a as estradas provinciais “un documento falto de concreción e con erros”.

2.-  Informe  da Demarcación  de Carreteras del  Estado en Galicia:  Se  informa desfavorablemente  a Modificación Puntual por  non terse proposto as medidas  de acondicionamento necesarias para  manter inalterado o nivel de servizo  e de seguridade viaria en atención ás  afeccións que se orixinan á A-55, se considera insuficiente  o Estudo de tráfico realizado, deber proporse solucións para  os accesos directos existentes nos ramais na actualidade que resultarían  eliminados, non establecer medidas para conseguir a efectividade das servidumes  aeronáuticas, nonbter sido avaliada correctamente a afección a dereitos que se  ocasionan coa remodelación do enlace á A-55, deber realizarse reserva de solo para  garantir o nivel de servizo e seguridade viaria, ter que seguirse as previsións da Norma  3.IC “Trazado” e demostrar a mellora das condicións de seguridade viaria, deber garantirse a  compatibilidade do Proxecto de trazado e construcción da Variante de trazado da N-120. Tramo Porriño-Vigo  e deber reflectirse na planimetría as zonas de protección e liñas límite do dominio público viario estatal.

3.-  Informe  da Dirección  General de Aviación  Civil:  Se  pon de  manifesto  que o carácter  favorable do Informe  previamente emitido en  data de 2 de xullo de  2018 quedaba supeditada á incorporación  dunha serie de extremos no documento da Modificación  Puntual a cal non se ten producido.

4.-  Informes  da Dirección  General de Política  Energética y Minas:  Se refire  a normativa a  aplicar ás infraestructuras  de transporte e distribución  de enerxía eléctrica e de gas  natural que se afecten a consecuencia  do desenvolvemento da Modificación Puntual. 

5.-  Informe  da Dirección  General de Telecomunicaciones  y Tecnologías:  con carácter  favorable, determinando  o aliñamento da Modificación  Puntual coas esixencias da lexislación  en materia de telecomunicacións.