O X Entroido de Verán volveu a encher de vida as rúas de Trives

Por o 13/08/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Opinión,Ourense
O X Entroido de Verán volveu a encher de vida as rúas de Trives

Opinión por Beinha Gómez

O venres, 10 de agosto, arrincaba o X Entroido de verán, organizado pola A. C. A Caniceira, enchendo as rúas de A Pobra de Trives de xente nunha intensa fin de semana repleta de actividades de diverso tipo.

O pistoletazo de saída dábase coa IX edición dos Cantos de Taberna, con oito grupos percorrendo once establecementos de hostalería do municipio, enchendo de música cada recuncho e facendo desfrutar a unha multitude de persoas do noso patrimonio inmaterial. Corenta postos de diversos produtos gastronómicos e artesáns (doces de castaña, aceites, viños, queixos, camisetas, obxectos de adorno, complementos, prendas de vestir, artesanía en madeira, instrumentos musicais, etc.) tamén foron moi visitados estes días na feira de artesanía. As xornadas estiveron amenizadas por diversos grupos e actuacións musicais, nunha oferta moi variada e orixinal: As Macizas Centrais, Os Iñigos, Son do Sil…. fixeron bailar e cantar a centos de persoas. Non faltaron tampouco actividades como o campionato de billarda, actividades para nenos e nenas, o desfile de folións, etc.

Dende A Caniceira, queren amosar o seu agradecemento a tódalas persoas que se achegaron a desfrutar dunha intensa fin de semana en Trives e fixeron posible que a X edición do Entroido de Verñan fora un éxito.

Comentar noticia

Your email address will not be published.