O Xadrez volve ao centro Galego de Barcelona na sétima ronda da liga Catalá

Por o 06/03/2019 | Sección: Deportes
O Xadrez volve ao centro Galego de Barcelona na sétima ronda da liga Catalá

O xadrez volveu o pasado domingo ao Centro Galego de Barcelona, onde se celebrou a sétima ronda da Liga Catalá nas categorías de primeira e segunda división.

A Liga, que comezou o pasado 20 de xaneiro e se desenvolverá ata o vindeiro 17 de marzo, está organizada pola Federació Catalana d’Escacs e nela participan 60 equipos nas citadas categorías, ademais de 16 na División de Honra. A primeira ronda da primeira e segunda división tivo tamén como escenario o Centro Galego de Barcelona.

A cesión do local responde á permanente colaboración que a entidade presidida por Carlos Mandianes mantén con outras asociacións, institucións e organismos para a promoción dos valores culturais e sociais tanto de Catalunya coma de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.