O Xoves 6 de Novembro, “Todas e Todos á rúa”

Por o 04/11/2014 | Sección: SF Intersindical,Sindicatos,Vigo
O Xoves 6 de Novembro, “Todas e Todos á rúa”
Compartir en:

O XOVES, 6 DE NOVEMBRO, MANIFESTACIÓN EN VIGO, AS 20:00h. DENDE A PRAZA DE FERNÁNDO O CATÓLICO ATE A PORTA DO SOL.

– Convoca: PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

Manifestaremonos en Vigo, e nas sete cidades galegas quentando motores para esa gran mobilización que vai ser o 29 de novembro en Compostela. O “OCUPEMOS O OBRADOIRO”. Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agride e non nos representa, este xoves estaremos nas rúas e faremos un chamamento a toda a clase trabaladora, ás clases populares, e ao estudantado para que se sumen e participen connosco o 29N na “Toma do Obradoiro” en Compostela na que será unha mobilización unitaria e masiva camiño da conquista das nosas vidas.

Cara o 29N camiñamos xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.

VIGO: 6 de Novembro, 20:00 horas. Saída desde a Praza de Fernando o Católico, Rúa Urzáiz, Rúa Colón, Rúa Policarpo Sanz e remate na Porta do Sol.

PRENSA SF INTERSINDICAL VIGO