O Xuíz da por executada a sentenza que ordenaba a demolición da pirotecnia La Gallega SL

Ábrese agora un proceso administrativo para recuperar o gastado no cumprimento da sentenza
Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Galicia,Tui

O Xuíz da por executada a sentenza que ordenaba a demolición da pirotecnia La Gallega SL

Ábrese agora un proceso administrativo para recuperar o gastado no cumprimento da sentenza.

O titular do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Pontevedra ven de ditar un auto polo que considera que a sentenza de demolición da empresa Pirotecnia La Gallega foi executada.

A tenor da documentación presentada polo Concello de Tui  o xuíz toma esta decisión, pondo fin de este xeito a un longo contencioso que comezou no 2013. Este auto , contra o que cabe presentar Recurso de Apelación, recolle tamén  o remate e arquivo de esta peza que ordenaba a execución da sentenza.

No mesmo auto considera que o Concello de Tui debe aboar as costas xeradas pola peza do de execución forzosa derivadas deste proceso.

O Concello de Tui inicia agora un prazo de exección, ou o que o mesmo o procedemento administrativo para recuperar o gastado na execución da sentenza.