O xurado de ‘Memoria dun confinamento’ selecciona 15 fotografías para expoñer na Alameda

Ao certame, convocado polo Concello con motivo do Día das Artes Galegas, presentáronse 60 fotos de persoas con idades comprendidas entre os 8 e os 67 anos
Publicado por o día 30/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

O xurado de ‘Memoria dun confinamento’ selecciona 15 fotografías para expoñer na Alameda

Un total de 15 fotografías foron seleccionadas esta tarde polo xurado do certame ‘Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020’ para ser expostas nunha mostra que se instalará na Alameda na semana da Peregrina. Ao certame, convocado pola Concellaría de Cultura con motivo do Día das Artes Galegas (instituído o 1 de abril pola Real Academia Galega das Artes), concorreron un total de 60 fotografías de persoas con idades comprendidas entre os 8 e os 67 anos. Todas as fotos presentadas, tal e como estipulaban as bases, foron tomadas desde os domicilios e amosan exteriores tales como vistas desde xanelas, balcóns ou terrazas.

O xurado estivo composto por tres persoas do ámbito da arte e da fotografía: a xestora cultural e directora de Cultura da Deputación, Paula Cabaleiro, o comisario e documentalista Ramón Rozas e o profesor de Belas Artes e especialista en fotografía e imaxe dixital, Fernando Salgueiro.

Nas mesmas datas e na mesma ubicación, tamén se instalará unha mostra cunha selección de 30 fotos realizadas polo fotoxornalista pontevedrés Ramón Leiro, e que forman parte dun proxecto persoal a través do que foi documentando a vida da cidade do Lérez durante os meses nos que se decretou o confinamento domiciliario.

Convén lembrar que co certame fotográfico ‘Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020’ pretende conxugar a posta en valor da arte, a participación activa da veciñanza, e a execepcionalidade do día a día que se viviu durante os meses de confinamento. Así, a mostra compila diferentes visións daquela situación desde a óptica persoal das persoas que participaron na iniciativa, e que á súa vez toman o protagonismo como narradores e narradoras do día a día dunha situación insólita como a vivida entre os meses de marzo e maio.

Relación de fografías seleccionadas e autores e autoras

Na categoría ‘Infantil-Xuvenil’ para rapaces e rapazas de ata 18 anos, foron seleccionadas 2 fotos:
• “Ás oito” de Xabier Barral Pousa
• “Pechados na casa” de Lois Santomé Paz
Na categoría de ‘Adultos/as’ para persoas de 19 a 65 anos foron seleccionadas 12 fotos:
• “Confinada con su gatita” de Carlos Montero Martínez
• “Hoy no salgo que llueve” de Gloria Francisco González
• “Resistencia colectiva” de Álvaro Rodríguez Carballo
• “Desde mi ventana” de Diego Torrado Moledo
• “Vencereite” de Susana Paz Alejandre
• “La vida es bella con 3” de Amancay Tapia
• “Ler na xanela” de Luz Francisco González
• “Un cielo confinado” de Borja Costas Dicha
• “Atrapados” de Pedro Pablo Vidal Solla
• “Dende a miña fiestra” de María José Fraga Amboage
• “interius (dentro)” de Simón Bujía Tourón
• “A nova roupa” de Sofía Patricia Remiseiro Rivas
Na categoría ‘Sénior’ para persoas maiores de 65 anos foi seleccionada 1 foto:
• “No estou solo” de Darío Perdiz Suárez

Comentar noticia

Your email address will not be published.