O XV congreso SEEDO reunirá en Vigo a 300 expertos nacionais e internacionais para debater sobre os retos e avances en prevención da obesidade

A obesidade infantil e a importancia da actividade física e o deporte como medida preventiva en idades temperás será tema clave do encontro
Publicado por o día 18/12/2018 na sección de Alimentación,Eventos,Galicia,Vigo

O XV congreso SEEDO reunirá en Vigo a 300 expertos nacionais e internacionais para debater sobre os retos e avances en prevención da obesidade
Mellorar o coñecemento científico, compartir e debater os últimos avances no campo da obesidade e lograr diminuír a súa prevalencia son os principais propósitos que reunirán os días 13, 14 e 15 de marzo, en Vigo, a expertos nacionais e internacionais no XV Congreso da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SÉ-SEEDO).
 
Ao redor de 300 especialistas entre investigadores clínicos e básicos, dietistas, nutricionistas, enfermeiros, psicólogos e educadores daranse cita para abordar a problemática da obesidade e enfermidade metabólica desde diferentes perspectivas.
 
A importancia da actividade física e o deporte como medida de prevención en idades temperás será parte nuclear do simposio, que tamén abordará aspectos relacionados coa bioloxía do tecido adiposo, o control do metabolismo e da inxesta de alimentos, factores neuropsicolóxicos, tratamento farmacolóxico, soño e dieta, entre outros.
 
Ao longo de tres días de Congreso, programáronse máis dunha trintena de sesións, que engloban conferencias, mesas redondas, comunicacións orais e sesións poster sobre os temas de maior relevancia neste ámbito. Como novidade destacada, este ano presentarase a primeira edición dos Premios SÉ- SEEDO a aquelas iniciativas para frear a obesidade no ámbito local, susceptibles de extrapolar a outras contornas e cidades.
 
O presidente do comité organizador local é o catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo, o Dr. Federico Mallo, membro da xunta directiva da SEEDO e especialista en medicina deportiva, moi vinculado á saúde nutricional do persoal do RC Celta de Vigo. Pola súa banda, o xefe de Servizo de Endocrinoloxía do CHUS e investigador principal do CIBEROBN, o Dr. Felipe Casanueva, presidirá o comité científico do congreso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.