Venres 5/12 – Obradoiro de Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos

Publicado por o día 03/12/2014 na sección de ODS Coia,Social

Venres 5/12 – Obradoiro de Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos

Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”.

Dito obradoiro celebrarase o Venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo).

Esta actividade dirixida a todas aquelas persoas que sofren problemas para chegar a fin de mes, ante esta situación animamos a informarse sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia… Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender!

PRENSA ODS COIA