Obradoiro de cociña saudable para os máis cativos e cativas de Ponteareas

A Concelleira de Comercio, dentro da campaña ‘Quere o Teu Mercado’, pon en valor os produtos da praza de abastos
Publicado por o día 24/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Obradoiro de cociña saudable para os máis cativos e cativas de Ponteareas

A concellería de Comercio, Hostalería e Consumo de Ponteareas, que dirixe Inés Vidal, convida aos máis pequenos e pequenas dos fogares a participar no obradoiro de cociña saudable que terá lugar na praza de abastos este sábado 26 de maio de 11 a 13 horas.

O obradoiro dirixido a maiores de seis anos é totalmente de balde e enmárcase dentro da campaña “Quere o teu Mercado” da Xunta de Galicia.

Os e as futuras chefs prepararán unha receita e un postre con algúns dos saborosos e saudables produtos que os consumidores poden atopar nas prazas de abastos.

Todos os que queiran participar tan so teñen que chamar ao 644 896 840 para reservar unha das trinta prazas dispoñibles.

Inés Vidal explica a importancia de apoiar o comercio local para promocionar a economía da vila, “en Ponteareas temos de todo sen ter que desprazarnos. Na nosa praza de abastos temos produtos frescos ideais para seguir unha dieta saudable”.

Vidal aposta, con esta iniciativa, por involucrar aos máis cativos e cativas cunha actividade lúdica e didáctica.