Obradoiro de maquillaxe e concurso de disfraces

Publicado por o día 12/02/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Obradoiro de maquillaxe e concurso de disfraces

A concellería de Cultura convida a todos e todas as cativas a participar no obradoiro de maquillaxe que comezará a partir das 11:30 horas de hoxe na praza de abastos. Tamén lembra que esta tarde ás 18 horas terá lugar o concurso infantil de disfraces e o de adultos ás 20 horas. Os dous no auditorio municipal. Todos os que queiran participar deberán inscribirse unha hora antes no propio auditorio. Haberá animación e agasallos.