Obradoiros, encontros e accións de rúa desta SEMANA cara o 8M

Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Colectivos Feministas,Eventos,Galicia,Social,Vigo

Obradoiros, encontros e accións de rúa desta SEMANA cara o 8M

En Vigo , como ben sabedes estamos traballando arreo organizado asembleas, encontros, actos, accións de rúa, elaboración de materiais, puntos de información,…. Nesta última recta antes da convocatoria de folga, o noso traballo vaise incrementar notablemente, especialmente nos barrios e na nosa presenza na rúa, có fin de difundir e animar a todas as mulleres da nosa comarca a sumarse aos actos de galegas 8m e facer folga o propio 8 de marzo, día no que convocaremos manifestación na nosa cidade pola tarde.
Porque, para nós, é importante que o día 3 de marzo en Lugo, tal e como foi o
ano pasado na manifestación de Vigo, haxa unha enorme presenza de mulleres na rúa, baixo o lema “ Por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta feminista”, e co fin de reclamar un mundo diferentes, no que o dereito a vivirmos unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica e social, organizamos autobuses para ir xuntas ese mesmo día a Lugo.
En adxunto van os cartaces dos actos