Obras de instalación da “Zona 30” e os lombos do cruce das estradas provinciais en Cuntis finalizará a vindeira semana

Durante os últimos días a Deputación realizou os traballos de aglomerado e colocación de sinalización horizontal e hoxe estase a botar a primeira man de pintura.
Publicado por o día 14/07/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra

Obras de instalación da “Zona 30” e os lombos do cruce das estradas provinciais en Cuntis finalizará a vindeira semana

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra confirmou hoxe que as obras de calmado do tráfico no cruce das estradas provinciais das inmediacións da escola unitaria da Gándara en Cuntis estarán finalizadas a vindeira semana. Durante os últimos días a empresa adxudicataria realizou os traballos de aglomerado e instalou a sinalización vertical, mentres que no día de hoxe está a realizar a primeira man do pintado da sinalización horizontal para marcar os resaltes e que os condutores poidan pasar por seguridade pola durante a fin de semana. A partir do luns procederase ao pintado definitivo, rematando os traballos antes do previsto, xa que o prazo de execución era dun mes.

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, lembrou que na zona téñense instalado sete redutores de velocidade e unha ‘zona 30’ na intersección entre as estradas EP-8404 entre Piñeiro-Arcos e a EP-8403 entre Cuntis- Alto da Cruz para calmar o tráfico da zona, onde os vehículos pasaban a moita velocidade a pesares de existir un centro escolar nas inmediacións.

Esta actuación enmárcase dentro da Estratexia de Mobilidade 3.0 da Deputación que pretende mellorar a seguranza viaria en todas as estradas da rede provincial utilizando elementos físicos de redución da velocidade para obrigar aos condutores a frear de xeito efectivo. As obras foron adxudicadas recentemente á empresa API Movilidad por un total de 16.742, 42 euros.