Obras no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de Vigo de CCOO considera positivo o cambio de postura dos que non querían contar cun servizo de raios nas urxencias
Publicado por o día 09/02/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Obras no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro
A executiva comarcal da federación de sanidade de Vigo de CCOO considera positivo o cambio de postura dos que non querían contar cun servizo de raios nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. O que parece inaudito e que pretendan xustificar o inxustificable.
 
Co hospital en construcción celadores de urxencias fixeron un estudo donde demostraban que cun servizo de RX en urxencias, os celadores terían que realizar a metade de kms/día que estando situado fora e aforrarían moito tempo e recursos o que redundaría na calidade e rentabilidade. CCOO, defendeu a súa postura e a xerencia do hospital non a tivo na menor consideración.
 
Agora plantexan facer obras “porque as instalacións xa non adáptanse as necesidades do servizo” para instar raios en urxencias. Deberían contar a verdade que non é outra que non quiseron validar o estudo feito polos celadores.
 
Parece unha constante da xerencia tomar decisións sin ter en conta as opinións dos que de verdade coñecen os diferentes servizos que son os seus traballadores, e agora a facer obras cas molestias correspondentes e seguir gastando cartos para satisfacer os de sempre.
 
En todo caso CCOO, celebra o cambeo de postura da xerencia do CHUVI, porque mais vale tarde… aínda que as decisións costen molestias e cartos.