Obxectivo, mellorar a mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester

A actuación prevista afecta ás rúas Herminia Fariña Cobián, Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Pintor Urbano Lugrís
Por o 12/12/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
Obxectivo, mellorar a mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester
Compartir en:

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde á contratación da obra de mellora da mobilidade e seguranza peonil na contorna do IES Torrente Ballestar. O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González, informou que o proxecto sae a licitación por un importe de 241.349,90 euros e que a obra ten un prazo de execución de catro meses.

A actuación nana contorna do IES Torrente Ballester ten como obxectivo mellorar a mobilidade peonil na zona, acadar un espazo público de calidade e potenciar o acceso peonil ao aparcadoiro disuasorio próximo ao centro de ensino. As obras previstas afectan ás rúas Herminia Fariña Cobián, Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Pintor Urbano Lugrís.

Á hora de redactar o proxecto houbo que ter en conta dous condicionantes: por unha banda, o intenso tráfico peonil da zona, especialmente na rúa Herminia Fariña pola que cada día, de luns a venres, soben e baixan 580 alumnos/as do IES Torrente Ballester e por outra banda, o tráfico de saída (e de conxestión) desta rúa.

 Os cruzamentos da rúa serán elevados, a un único nivel, a modo dunha pseudo- praza, o que dará aire a zona. O obxectivo é que sexan os vehículos os que teñan que salvar o desnivel existente en vez dos peóns. En resume sacarase o trafico de paso cara o borde do barrio e restrinxirase a circulación ao tráfico de necesidade.

A actuación prevista cumprirá os estándares de calidade urbana do modelo Pontevedra: ampliaranse as beirarrúas, que no caso de Herminia Fariña obrigarán a deixar un único carril de circulación (de saída) no 1º tramo que vai dende a avenida de Vigo á rúa Pintor Manuel Colmeiro. No 2º, ata a rúa Pintor Virxilio Blanco quedará de dobre circulación, de distribución de tráficos no barrio.