O Concello de Mos, dentro do seu programa municipal Ocio en Familia, organiza no auditorio do Centro Dotacional de Torroso a obra “Mar Adiante”, subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
“Mar Adiante”, inspirada na obra de María Victoria Moreno, homenaxeada no día das Letras Galegas deste ano, será interpretada pola Compañía Odaiko o vindeiro domingo, 28 de outubro ás 18:00 horas.
A entrada será de balde ata completar aforo e os destinatarios/as desta actividade son as familias con fillos/as de idades comprendidas entre os 6 e 14 anos.
Os obxectivos deste espectáculo son promover a participación das familias de Mos en actividades específicas para este colectivo e fomentar a aprendizaxe de distintos valores a través de actividades lúdicas, cos mais cativos/as.
Noticias de última hora en Vigo