OCU ofrece recomendacións para aforrar en calefacción

Ante o anuncio das baixas temperaturas para este fin de semana
Publicado por o día 12/01/2018 na sección de Social

OCU ofrece recomendacións para aforrar en calefacción

As previsións meteorolóxicas para este fin de semana advirten da chegada dun sistema frontal atlántico que traerá consigo nevadas e choivas na maior parte do país.

Por iso, e para que os consumidores non vexan afectada a súa factura da luz ou o gas por un maior uso da calefacción, OCU ofrece unha serie de sinxelos consellos que non só axudarán a reducir o gasto, senón que serven para coidar o medio ambiente, xa que aplicándoas redúcense as emisións de CO2.

Para manter a casa a unha temperatura agradable sen necesidade de aumentar o uso da calefacción OCU recomenda:

1. Colocar burletes en portas e xanelas: son sinxelos sistemas de plástico que taponan a entrada de aire e axudan a manter a temperatura interior.

2. Ventilar temperán e coas persianas arriba: se na fachada dá o sol, ventilar durante 10 minutos nada máis levantarse e deixar as persianas subidas.

3. Decorar con alfombras e cortinas de cor escura: absorben a radiación solar e axudan a subir a temperatura.

4. Purgar os radiadores: se se teñen radiadores de auga, non esquecer purgar o aire para conseguir o mellor rendemento da caldeira. Ademais, OCU lembra os radiadores debejn purgarse ao comezo da tempada, no outono, para que non teñan aire dentro, xa que isto dificulta a transmisión de calor desde a auga ao aire exterior. Estes deben estar limpos e sen mobles que os tapen dificulten a difusión do aire quente.

5. Facer a revisión da caldeira: un bo mantemento da caldeira pode supoñer un aforro de ata un 15% ao ano. 6. Abrigarse e baixar o termostato: en lugar de ir en manga curta e ter a casa a 24º C, é mellor cubrirse con máis roupa e baixar ata os 21º C. Algo tan sinxelo permite aforrar ata un 20%.

OCU lembra que unha temperatura en casa de 19º C a 21º C é razoable. Pola noite, é aconsellable que nos dormitorios baixe entre 15º C e 17º C. Cada grao de máis supón un incremento do 7% no consumo. A Organización de Consumidores e Usuarios ten ademais aberta ata o próximo día 15 de xaneiro a súa compra colectiva de luz e gas, á que os usuarios poden inscribirse a través da web de OCU para conseguir unha tarifa competitiva que lles permita aforrar na factura da luz e gas.