Oficial da Policía Nacional de Nigrán recibe a medalla de bronce ao mérito deportivo

Publicado por o día 14/12/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Oficial da Policía Nacional de Nigrán recibe a medalla de bronce ao mérito deportivo

O oficial da Policía Local de Nigrán Teodoro de la Peña recibiu a semana pasada no Complexo Ciudad Escolar de Madrid a ‘Medalla de Bronce ao Mérito Deportivo’ por parte da Federación Madrileña de Lucha, da que forma parte desde o ano 2002. O mando policial recibiu esta distinción o 7 de decembro como recoñecemento público aos seus anos de formación e esforzo nesta disciplina e a súa labor como profesor de Defensa Persoal Policial e Defensa Persoal Feminina. O oficial forma parte tamén da Federación Galega de Loita e participa en múltiples actividades vinculadas a éste e outros deportes.

“É unha honra que un dos nosos mandos da Policía Local reciba esta distinción na que, entre outras cousas, se recoñece o seu xeneroso traballo como formador pero tamén o seu gran esforzo persoal para acadar a excelencia deportiva”, sinala o alcalde, Juan González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.