Oito de cada dez galegos senten cansos ou moi cansos

Soño (50,0%), tristeza (37,0%), maior sensación de enfado (37,0%) e estado de nerviosismo (28,0%), os principais síntomas da fatiga para os galegos
Por o 25/03/2019 | Sección: Cultura
Oito de cada dez galegos senten cansos ou moi cansos
Compartir en:
A mala calidade do soño (49,0%), o traballo (43,0%) e a falta de exercicio (47,0%) son os principais responsables do cansazo dos galegos. De feito, o 75,0% declara sentirse moi canso ou canso fronte á media da poboación española que se sitúa no 70,7%. Pola súa banda, o 25,0% que afirma que a súa sensación de cansazo é baixa. Estas son algunhas das conclusións que se extraen do “ Barómetro do cansazo dos españois” elaborado pola compañía demoscópica Alpha Research para a consultora de comunicación Torres e Carreira con motivo do documental “ Kómoda, a vida sen enerxía” que verá a luz proximamente, un traballo de investigación ao redor da fatiga social.
E é que o cansazo causa sensación de malestar, de feito, os galegos declaran que cando senten cansos, ademais da sensación lóxica de soño confirmada polo 50,0% dos enquisados, o 37,0% di sentir maior tristeza ou abatemento, o 37,0% afirma que se incrementa a súa sensación de enfado e o 28,0% asegura que se incrementa o seu estado de nerviosismo.
Claves do cansazo: pantallas, horarios e tensións laboral
O traballo é un dos grandes culpables da nosa sensación de cansazo. A medalla de ouro lévalla a tensión laboral que para o 79,0% dos enquisados é a principal fonte de fatiga, seguido polos horarios laborais sinalados polo 52,0% dos galegos.
Pero non só as xornadas laborais son as responsables da nosa perda de fol durante o día, o 85,0% está de acordo ou moi de acordo con que a exposición permanente ás novas tecnoloxías fai que se incremente a sensación de esgotamento ao final do día.
Con todo, e a pesar de que os expertos afirman que é conveniente realizar actividade física para combater este cansazo, tan só o 49,0% da poboación galega declara realizar exercicio, unha cifra baixa que en España a media sitúase no 54,1%. Deles, o 40,8% afirma ir ao ximnasio, o 18,4% di camiñar, o 16,3% practica a meditación e o 10,2% declara que realiza exercicios de ioga.
Boa alimentación para combater o cansazo
A pesar de que todos os estudos afirman que nos estamos afastando dunha dieta equilibrada como pode ser a Dieta Mediterránea, o 55,0% dos enquisados considera que a súa dieta é boa ou óptima, fronte a un 11,0% que afirma que é mala e un 34,0% que comenta que é regular. Con todo, choca confirmar que o 82,0% dos vascos afirma que unha mellor alimentación podería mellorar a sensación de cansazo provocada polo ritmo do día.
Sobre Kómoda; a vida sen enerxía
Kómoda; a vida sen enerxía é o documental producido pola consultora Torres e Carreira, en colaboración coa produtora Milana Bonita. Nel analízanse as causas que provocan a fatiga na sociedade en ámbitos como a alimentación, o traballo, o lecer ou as relacións persoais. O documental Kómoda; a vida sen enerxía, que se estreará en abril, está conducido polo actor Nicolás Coroado e conta coa dirección de Douglas Belisario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.