Na mañá do xoves, un grupo de oito organizacións sociais galegas ofreceron unha rolda de prensa en Compostela para denunciar a manipulación e control que se está a facer da figura do coordinador parental, cuxa función será a de mediar en divorcios de alta conflitividade cando exista negativa por parte dos fillos ou fillas a manter contacto cun dos proxenitores, e diante da ameaza de que se inicien os trámites paralamentarios para implantala na Galiza.
A rolda de prensa foi convocada por Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), Marcha Mundial das Mulleres (MMM), Sindicato Labrego Galego (SLG), Rede de Mulleres Veciñais de Vigo, Asociación de Axuda a Vítimas de Agresións Sexuais do Baixo Miño (Adavas Baixo Miño), Observatorio da Mariña pola Igualdade, Asociación Fuco Buxán e Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia. Falaron en nome destas organizacións Estrela Gómez (Agamme), Concha de la Fuente (Marcha Mundial das Mulleres), Lola Santana (Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo) e María Ferreiro (Secretaría das Mulleres do SLG).
Ao rematar a rolda de prensa, rexistrouse no Parlamento de Galicia un escrito dirixido ao presidente do Parlamento solicitando a paralización do debate sobre implantación do coordinador parental en Galiza entre outras cinco medidas.
Escrito
Podeno descargar aquí






Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.