Okay Yokuslu recibe a alta médica

Publicado por o día 15/09/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Okay Yokuslu recibe a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría celeste. O centrocampista Okay Yokuslu recibiu este venres a alta médica tras caer lesionado o pasado 30 de maio durante un partido coa selección de Turquía, encontro no que sufriu unha rotura parcial do ligamento cruzado posterior o xeonllo dereito. O mediocentro estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o importante encontro contra a Granada.

Fran Escribá: “O Granada é un equipo valente”

O adestrador celeste Fran Escribá compareceu ante os medios este sábado, día previo ao enfrontamento ligueiro ante a Granada. O técnico valenciano analizou ao próximo rival, un equipo “moi ben confeccionado” e “versátil” que non porá as cousas fáciles en Abanca Balaídos. Escribá tamén adiantou que a lesión de Rafinha é leve e, se os servizos médicos valoran unha correcta evolución na súa recuperación, o talentoso centrocampista podería estar dispoñible a próxima xornada ante o Atlético de Madrid.


Comentar noticia

Your email address will not be published.