Olalla González e Marc Taeger presentan “Garavanciño” en vésperas do Día da Nai

Libros para Soñar expón unha selección de ilustracións deste álbum realizadas polo artista suízo afincado en Galicia
Publicado por o día 28/04/2016 na sección de Cultura,Vigo

Olalla González e Marc Taeger presentan “Garavanciño” en vésperas do Día da Nai

A mestra, adaptadora de contos e narradora Olalla González e o ilustrador e deseñador Marc Taeger serán os invitados da sesión especial de contacontos que, en vésperas do Día da Nai, vai celebrar LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres ás 18:30 horas. Nesta recta final do mes do libro e da lectura, Olalla González e Marc Taeger van presentar a súa adaptación do conto tradicional “Garavanciño”, cuxas ilustracións se expoñen na libraría.

OlallaMarc

De estrutura encadeada, ritmo acumulativo e moi arraigado na nosa cultura, a historia de “Garavanciño” enmárcase nun ambiente familiar e protector, propio do fogar. Co protagonista deste relato aprendemos que o seu pequeno tamaño non é sinónimo de debilidade, senón todo o contrario: transmite unha mensaxe positiva e de fortaleza ante as dificultades.

Olalla González e Marc Taeger ofrecerán unha sesión especial na que a voz vaise combinar co debuxo en directo. Mais non será o único conto, xa que os autores son artífices doutras publicacións para nenos e nenas: Olalla González tamén adaptou o conto tradicional “Chibos chibóns”; Marc Taeger ilustrou ademais “Elefante comellón”, “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Artur”, “A guía Necsia” e o libro-disco “Tic-tac”, publicados por KALANDRAKA.

Nacido en Berna e afincado la vila de Bueu, elabora proxectos de ilustración e deseño, ademais de impartir obradoiros de plástica creativa en LoboCoxo, un espazo aberto ao público infantil e ás familias, no que tamén traballa Olalla González impartindo charlas sobre animación á lectura e sesións de contacontos.

PRENSA KALANDRAKA COMUNICACIÓN