Olalla Rdil reclama á CRTVG que retire o expediente “desproporcionado e vingativo” contra Tati Moyano

Atribúe a reacción da dirección de Sánchez Izquierdo á significación da xornalista na denuncia contra a manipulación nos medios públicos
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de BNG,Política

Olalla Rdil reclama á CRTVG que retire o expediente “desproporcionado e vingativo” contra Tati Moyano

O BNG reclamou na Comisión parlamentaria de control da CRTVG que a dirección do ente que encabeza Alfonso Sánchez Izquierdo retire o expediente disciplinario aberto contra a xornalista Beatriz (Tati) Moyano que, como recolle un comunicado da Federación de Xornalistas do España e pola Asociación de xornalista de Santiago “é desproporcionado e vingativo”.

A dirección da CRTVG alega para abrir o expediente a utilización do servizo de maquillaxe por parte da profesional para acudir como presentadora a unha gala benéfica organizada pola Asociación española contra o cancro, participación pola que non percibiu prestación económica algunha e da que tiña informado previamente ao departamento correspondente do ente público. Nese acto, ao que asistía en primeira fila o presidente da Xunta, a xornalista fixo unha declaración explícita a favor dos medios públicos.

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, amosou a súa estrañeza porque “maquillarse para ir a un acto benéfico do que se informou previamente sexa considerado un feito moi grave”, e atribuíu a apertura do expediente “a que se trata dunha xornalista que se ten significado pola denuncia da manipulación informativa da RTVG e pola súa participación e apoio aos denominados venres negros”.

Rodil lamentou que o director da CRTVG se negase a dar explicacións, -“parece que só quere contestar ás preguntas cómodas ou publicitarias”-, e replicoulle a Sánchez Izquierdo que dificilmente poden os grupos da oposición preguntar por casos doutros profesionais expedientados, aos que aludiu, se descoñecen que existen. “Traia vostede esa información a esta Cámara”, reclamou.

A viceportavoz do Bloque salientou o apoio maioritario prestado a Tati Moyano por parte dos seus compañeiros e compañeiras, pola Federación de Xornalista de España e pola Asociación de Xornalistas de Santiago, que comparten que o expediente agocha unha clara intención de represalia a unha xornalista que xa tiña dimitido como presentadora dos informativos da TVG, como medida “valente e inédita” de denunciar a manipulación nos medios públicos.

Rodil reclamou que dunha vez por todas se cumpra a lei, e se poña en marcha   Consello de informativos e o Estatuto profesional na CRTVG.