Olalla Rodil: “O que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica”

A candidata do BNG – Asambleas Abertas acusou ao PP de “crear unha sanidade privada para ricos e deixar ao resto da xente a expensas da beneficencia”
Publicado por o día 08/09/2016 na sección de BNG,Eleccións Galegas,Sanidad

Olalla Rodil: “O que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica”

A candidata do BNG – Asambleas Abertas acusou ao PP de “crear unha sanidade privada para ricos e deixar ao resto da xente a expensas da beneficencia”.

Para Rodil “a discriminación que está a sufrir Lugo a respecto do servizo de hemodinámica as 24 h é unha pataleta do PP”.

Olalla Rodil participou onte, en Lugo, nun encontro con colectivos vencellados á defensa da sanidade púlblica para expoñer as propostas do BNG nesta materia e escoitar as demandas dos diferentes axentes organizados arredor da defensa do sistema sanitario. A xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos.

Olalla Rodil afirmou que “o que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica” e explicou que “a Lugo néganselle servizos e desto faise un negocio para as empresas e centros privados”. Para Rodil “a discriminación que está a sufrir Lugo a respecto do servizo de hemodinámica as 24 h. é unha pataleta do PP”. Olalla Rodil lembrou, tamén, os peches de camas en determinadas plantas do HULA e o feito de que a Xunta teña abandonado o edficio da antiga residencia que “podería converterse nun Punto de Atención Continua (PAC), un centro de saúde e un Hospital – Residencia para maiores”.

Rodil dixo que “compre esixir a fin da cronificación das listas de espera na atención especializada e, dende hai uns anos, tamén na atención primaria. Tanto no eido asistencial como nas probas diagnósticas”. “Ademais temos que opoñernos ao intento de implantar a Xestiòn Clinica en servizos, unidades e centros de saúde. Trátase dun método autoprivatizador e de facer cómplices aos [email protected] dunha atención a saúde mercantilista”.

3.000 profesionais menos cos gobernos de Feijóo

A candidata nacionalista avogou por abrir un “tempo novo” para a Sanidade pública despois do 25 de setembro e lembrou que “Galiza perdeu a 3.000 profesionais recortados durante estes últimos sete anos”. Rodil sinalou que “só coa xestión do imposto de sociedades contaríamos con mil millóns de euros para contratar máis persoal sanitario, rematar cos repagamentos de medicamentos na sanidade pública”. Nese novo marco que defende o BNG, dixo hai que “blindar a sanidade pública como un servizo público e poñer en marcha unha lexislación que prohiba as privatizacións da sanidade.