Olga Alonso, Modesto Pose e Jorge María levaron o proxecto de Pedro Sánchez a Vilagarcía de Arousa

As candidatas e candidatos ás Cortes Xerais estiveron acompañados do alcalde e candidato á reelección por Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, que aproveitou a visita para anunciar a consignación dos primeiros fondos para a construción do Cuartel da Garda Civil
Por o 20/04/2019 | Sección: Galicia,Política,PSOE,Vilagarcia
Olga Alonso, Modesto Pose e Jorge María levaron o proxecto de Pedro Sánchez a Vilagarcía de Arousa

As candidatas e candidatos ás Cortes Xerais, Olga Alonso, Jorge María e Modesto Pose, xunto co alcalde e candidato á reelección, Alberto Varela, desprazáronse hoxe ata a Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, onde Varela anunciou a consignación de fondos para a construción do Cuartel da Garda Civil, unha demanda histórica para a vila.

“Esa é a diferencia entre uns e outros. Cando hai tres anos e medio fun a Madrid para coñecer a situación na que se atopaba o proxecto me dixeron que estaba paralizado, un proxecto para o que xa hai tempo que están cedidos os terreos, algo que o Partido Popular descoñecía. Pero co goberno de Pedro Sánchez en 10 meses conseguimos desbloquear esta situación e esta mesma semana chamoume o delegado do Goberno para dicirme que no plan de infraestruturas aprobado polo Estado hai reservados 2,8 millóns de euros para a construción do Cuartel da Garda Civil”, anunciou o alcalde da vila, Alberto Varela. “Queda moito camiño por percorrer pero agora estamos máis preto de acadalo e isto é unha boa mostra do importante que é contar con alguén en Madrid que abra o camiño, e por iso doulle desde xa as grazas aos que serán a voz da comarca en Madrid”, afirmou.

Neste sentido, Modesto Pose tamén destacou que o goberno de Alberto Varela é unha boa mostra do bo facer dos gobernos socialistas. Por iso Pose destacou tamén a importancia de mobilizar o voto: “o 28A temos que apostar por un goberno de futuro, estable, que non dependa de ninguén e que non signifique un paso atrás en dereitos. O partido socialista significou sempre progreso e esperamos que os cidadáns da Arousa así o entendan e que nos apoien para estar en liña co progresismo español”, asegurou.

Finalmente Olga Alonso destacou que todos os avances que se fixeron en materia de feminismo e de dereitos das mulleres chegaron da man dos gobernos progresistas. “Se queremos seguir tendo gobernos nos que exista o ministerio de igualdade, nos que se loite polos dereitos das mulleres temos que pensar que o noso voto ten que ser ao Partido Socialista, senón queremos e retroceder a España feminista ten que votar socialista neste 28 de abril”, destacou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.