Olga Louzao: “Estes orzamentos son unha moi mala noticia para Galicia”

A portavoz de Cs Galicia presentou a mañá de onte dúas preguntas ao Parlamento sobre o saneamento da ría de Pontevedra e sobre a internacionalización das universidades galegas
Publicado por o día 17/01/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Olga Louzao: “Estes orzamentos son unha moi mala noticia para Galicia”

A portavoz de Cs Galicia presentou a mañá de onte dúas preguntas ao Parlamento sobre o saneamento da ría de Pontevedra e sobre a internacionalización das universidades galegas, a portavoz de Cs Galicia, Olga Louzao compareceu antes os medios valorando os orzamentos de Sánchez, recentemente presentados, os que cualificou de moi  “mala noticia para Galicia”.

Louzao lembrou ao partido socialista a súa “constante preocupación, para a galería, pola comunidade galega” ao que acusou de incongruentes ao “ir reclamando sempre que Galicia é unha comunidade de 2ª para a que fan falta partidas en demandas históricas e  que agora que tiveron a oportunidade de poder plasmar esa preocupación da que alardeaban, atopámonos cuns orzamentos ante os que nos preguntamos ¿onde están reflectidas esas preocupacións do PSOE por Galicia?”.

A portavoz autonómica lamentou ademais que outros representantes galegos no Congreso, en referencia aos representantes de En Marea, “ademais de prestar o seu apoio para estes orzamentos, parece que mirasen para outro lado cando tocou falar de Galicia”.

Non podemos, sinalou a portavoz de Cs, estar satisfeitos antes uns orzamentos que “supoñen unha baixada do 19% de investimento para Galicia, respecto ao pasado ano, ou o que é o mesmo, son o menor investimento en 17 anos para Galicia”.

Louzao comparecía ante os medios tras presentar en Parlamento de Galicia dúas preguntas. Por unha banda, Cidadáns cuestionou ao Goberno galego para poder saber que parte dos fondos FEDER Galicia 2014-2020 de 133 millóns de euros, concedidos en 2015, destinouse ao saneamento da ría de Pontevedra e cales serán, para ese fin, os seguintes proxectos aos que se van a destinar eses fondos. Doutra banda, na segunda pregunta presentada, cuéstionase sobre que medidas tomou o Goberno autonómico para a urxente internacionalización do Ensino Superior de Galicia.