Oncomet inicia o proceso de selección de pacientes para o estudo da biopsia líquida

Por o 11/01/2018 | Sección: Salud,Sanidad
Oncomet inicia o proceso de selección de pacientes para o estudo da  biopsia líquida

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) acaba de recibir a autorización por parte do Comité Ético de Investigación de Santiago e Lugo para empezar a reclutar mostras de doentes para o estudio de investigación que desenvolve o grupo co obxectivo de validar distintas técnicas de análise de Biopsia Líquida. Activarase primeiro a inclusión de mostras no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e progresivamente iranse sumando outros Hospitais Galegos.

Os oncólogos serán os encargados de ofrecer nas súas consultas a aqueles doentes con determinados tumores a posibilidade de participar no estudio de investigación. No caso de aceptar soamente se lles tomarán mostras de sangue para o estudio de investigación. Dependendo do tumor poderanse obter varias mostras dunha mesma persoa ó longo do tratamento. Os principais tumores nos que traballarán serán de colon, pulmón, páncreas e melanoma.

Oncomet quere deixar claro que a participación dos neste estudio non vai supoñer ningún cambio no tratamento da súa enfermidade nin ningún beneficio a maiores de contribuír ó avance no coñecemento e manexo destas técnicas. En total, grazas ó éxito da campaña poderanse estudar máis cerca de 500 mostras que se irán reclutando ó longo dos próximos meses.

As mostras de sangue analizaranse mediante distintas estratexias dependendo do tipo de tumor. Os resultados e conclusións que se obteñan ó longo dos próximos anos dentro deste estudo comunicaranse á comunidade científica e ademais poñeranse en coñecemento da sociedade galega, que é que permitiu que se financie este proxecto.

Aclarar tamén que nos estamos referindo en todo momento a un proxecto de investigación, nunca a un ensaio clínico nin proba diagnóstica que se poida utilizar na clínica de maneira inmediata. A previsión é que nun prazo de dous anos se obteñan os primeiros resultados do proxecto e que os primeiros resultados en clínica se poidan ver nun prazo aproximado de catro ou cinco anos.