Onda Verde Condena a xestión da Xunta pola queima dos montes

Comunicado de Onda Verde, lista que se presenta ás primarias de En Marea
Por o 13/08/2016 | Sección: Vigo
Onda Verde Condena a xestión da Xunta pola queima dos montes
Compartir en:

Desde Onda Verde (onde se integran persoas afilliadas a Equo e Os Verdes-Galicia Federación) queremos  facer chegar os medios de comunicación e a todos os galegos a nosa mais unánime condena pola queima que esta abrazando as nosas terras e montes neste momento.

A mala xestión da Xunta continuada, ano tras ano, que fomenta o negocio do lume co colofón da nova Lei do Montes do PP, que desprotexe o monte e  favorece a especulación  e a queima en beneficio de grupos económicos, financeiros, políticos e empresariais, especialmente do mundo da construción, son a mecha para os lumes que arrasan a nosa terra estes días.

Ese e o resultado dunha maioría absoluta do PP en España e Galicia, que so busca favorecer os seus amigos de sempre, poñendo en perigo casas e vidas, en detrimento de toda a cidadanía e pasando por riba do Medio Ambiente.

Por iso, e por moito máis, desde Onda Verde, levamos no noso programa ás Primarias de En_Marea e  de seguro ás próximas eleccións autonómicas o endurecemento das penas e multas para os pirómanos, pero tamén, para todos aqueles que favorezan, propoñan ou paguen para que os nosos montes ardan.

Precisamos, que o problema dos nosos montes se tome doutro xeito, perseguindo non so a quen queima, se non tamén e sobre todo os que fomentan os lumes. Para que sobre todos recaia por igual todo o peso da lei.

A supervivencia dos rural galego e de todas nós, pasa inevitablemente pola supervivencia, coidado e protección do monte.

NUNCA MÁIS.