Onte a Galiza caníbal viuse en Dozón

Ata 160 cazadores participaron nesta actividade que consiste en cazar cuantos máis raposos posibles
Por o 21/01/2018 | Sección: Eventos,Galicia
Onte a Galiza caníbal viuse en Dozón

Despois de tantas denuncias para que se parase a barbarie do campionato de caza do raposo en Dozón levose acabo. Ata 160 cazadores participaron nesta actividade que consiste en cazar cuantos máis raposos posibles. Os animalistas de Libera lembraban esta semana que ata no Reino Unido prohibiuse esta práctica, tradicional alí.

A Federación de Caza e as asociacións animalistas contra a caza do raposo de Dozón, en Pontevedra, vivíronse momentos de tensión cando os cazadores chegaron cos exemplares a unha nave e foron recibidos por algunhas persoas a berros de “vergoña” e “asasinos”.

Os manifestantes, algúns de asociacións e outros particulares, seguiron ás cuadrillas durante toda a xornada tocando o claxon ou a pandeireta. O seu obxectivo, facer ruído para que a cacería non se celebrase con normalidade.

Esta competición é unha “modalidade de caza especialmente cruel, camuflada como suposta práctica deportiva”, na que “estes pequenos mamíferos son tiroteados ou despellexados literalmente por mandas de cans empregadas como complemento a estas batidas”.

Todo iso, “sen que a Xunta e o seu departamento de Medio Ambiente deixen de subvencionar estes campionatos”. Nun comunicado, critica que esta actividade cinexética realizarase fóra da tempada de caza fixada polo Goberno galego, “pero autorizada polo mesmo”. Esta cita chega despois das batidas provinciais celebradas o pasado 13 de xaneiro, o que supón “seis xornadas máis de uso exclusivo do medio natural por parte dos cazadores”.

Respecto diso, esta entidade animalista informa de que esta convocatoria de campionato galego levantou “numerosas críticas”, xa que “centos de persoas” remitiron mensaxes de protesta ao gabinete da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

Se desexas participar na camapaña de Libera! Se estás en contra do torneo da caza do raposo e do seu financiamento cos nosos impostos, escribe unha queixa a este correo (campaña de Libera!): gabinete.mot@xunta.gal

Pola súa banda, o BNG tamén pediu que non se celebra esta “cruel” proba de caza de raposo e reclama á Xunta que retire o seu “apoio e axuda económica”.

Libera! leva o campionato á Valedora do pobo

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber anunciaron a interposición dunha queixa ante o Valedor do Pobo de Galicia polo campionato de caza de raposo que organiza unha federación autonómica e que se celebrou este sábado na localidade de Dozón (Pontevedra).

Os animalistas sosteñen que este tipo de formato de ” megabatida” vulnera varios preceptos da propia Lei de Caza, ademais de “someter ao medio natural e á fauna silverstre a unha situación perigosa durante varias horas”, que se prolonga durante seis xornadas, con “campionatos” provinciais, unha edición autonómica e a autodenominada Supercopa.  Libera! e FFW afirman que se trata dunha “auténtica animalada cometida contra estes pequenos mamíferos” e denuncian que conta “co apoio económico e o paraugas institucional da propia Xunta”.

Fotos da xornada de caza feitas por Libera!

 

 

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.