Un operario sufriu queimaduras graves nun brazo a causa dunha descarga eléctrica en Malpica

Por o 26/01/2018 | Sección: Sucesos
Un operario sufriu queimaduras graves nun brazo a causa dunha descarga eléctrica en Malpica
Compartir en:

Un operario foi trasladado esta mañá ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para ser atendido das lesións provocadas nun brazo por unha queimadura eléctrica.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse mentres o home pintaba o chan dunha subestación do parque eólico de Barizo, en Malpica, ao tocar un transformador.

A descarga que recibiu ocasionoulle lesións graves no brazo dereito polo que foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias ao CHUAC, concretamente á Unidade de queimados.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activou o operativo de asistencia tras a chamada de alerta dun particular ás 10:00 horas de hoxe. A partir de aí, mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias, voluntarios de Protección Civil e forzas da orde.

Un condutor perde o coñecemento e bate co seu vehículo contra outros dous en Quiroga

Un home foi evacuado esta mañá por un equipo de Urxencias Sanitarias ao Centro de Saúde de Quiroga para someterse a un recoñecemento médico, despois de perder o coñecemento mentres conducía o seu vehículo pola parroquia de Santa Cubicia.

O suceso, que se rexistrou sobre as dez desta mañá, causou a sorpresa doutros condutores, que viron como o vehículo que ía diante facía manobras estrañas. Segundo relataron ao 112, bateu primeiro contra un turismo e despois contra outro tras saírse da vía.

Tras a primeira chamada de alerta, o persoal do CIAE 112 Galicia informou aos servizos sanitarios de urxencia e aos efectivos do GES de Quiroga.