Opinión de Iria Rodríguez | Bioloxismo psiquiátrico no Cunqueiro: tapando a violencia?

Por o 19/06/2019 | Sección: Opinión,Opinión por Iria Rodríguez
Opinión de Iria Rodríguez | Bioloxismo psiquiátrico no Cunqueiro: tapando a violencia?

As investigacións de corte bioloxista en Psiquiatría (Cunqueiro) teñen una función: esconde-la verdadeira causa do sufrimento psíquico, a violencia e unha sociedade cada vez máis cruel e sen protección social. Da mesma maneira que VOX insiste en facer desaparece-lo concepto de ‘violencia machista’. Se reflexionamos ben, os resultados desas investigacións non serven para nada, simplemente colocan a causa do sufrimento no individuo e desresponsabilizan a sociedade dese sufrimento. Os pedófilos non van ó cárcere, os padres violentos non van ó cárcere, os violadores non van ó cárcere, os maridos violentos non van ó cárcere. No seu lugar atamos, sometemos a electroshock e drogamos ás persoas que sofren violencia ou a mulleres que simplemente teñen embarazos difíciles. Necesitamos unha sociedade mellor informada que non acuda á psiquiatría (se quedan sen pacientes… abolirémola por fin) que entenda a importancia de aprender a coidar dos que sofren, que saiba reaccionar positivamente cando unha persoa próxima ou un descoñecido na rúa experimente cousas (como oír voces) que outros non experimentamos, que saiba que a medicación é perigosa e cronifica, anula o individuo e o some nunha profunda desesperanza… ó mesmo tempo que debemos impulsar proxectos financiados con diñeiro público alternativos—como lugares nos que descansar, fisioterapia— que debemos manifestarnos nas rúas e nos hospitais para acabar coa violencia exercida por todo tipo de traballadores da saúde mental (os psiquiatras toman as decisións pero quen as executa?) para que aqueles que a exerzan—ata agora impunemente—vaian ó cárcere, para que se protexa as vítimas de violencia, para que un neno que sofre violencia sexa apoiado e non tratado con condescendencia, controlado, e poida chegar a estudiar e ter una vida que valla a pena, feliz, para que ningunha nena ou neno sexa criada por nais medicadas… (agresivas ou zombis), para que ningún neno reproduza os comportamentos violentos do seu pai—ou da súa nai—na idade adulta. O circo “dos muchachos” foi un exemplo mundial en prevención do sufrimento psíquico. Non é tan difícil. Nin imposible. Xa o fixemos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.