Opinión por Iria Rodríguez | A Pervitina

Publicado por o día 27/10/2017 na sección de Opinión,Opinión por Iria Rodríguez

Opinión por Iria Rodríguez | A Pervitina

Opinión por Iria Rodríguez

Encantaríame presentar aquí un traballo exhaustivo; apuntalar cada unha das miñas afirmacións con datos perfectamente comprobados pola miña man pero levaríame moito traballo e tempo que en principio debo consagrar á miña supervivencia persoal económica, o eterno dilema dos que vivimos en vilo sen ningún tipo de seguridade económica, canto tempo lle dedicamos á denuncia, ó activismo. O certo é que existen múltiples documentais e artigos sobre o tema que de forma xeneralizada apuntan ideas que parecen ser certas. Un medicamento coñecido co nome comercial de Pervitina® foi legal na Alemaña nazi, chegou a venderse sen prescrición médica en farmacias, chegou a incluírse en bombóns que se lle vendían nas tendas de bombóns a calquera á boa de Deus. Pervitina era o nome comercial da metanfetamina. Foi aprobada dunha forma acelerada, sen seguir uns protocolos de seguridade e sen que o seu creador ou creadores tivesen inicialmente moita idea de en que podía deriva-la cousa, da existencia de efectos secundarios e que indesexables efectos serían eses. De feito parece ser que foron descubrindo pouco a pouco unha das súas características máis salientables, á parte do seu poder destrutor (físico, mental, dental): o seu forte poder aditivo. Durante todo o período nazi foron producidas inxentes cantidades. Consumíano as amas de casa! Fálase da Pervitina como arma farmacolóxica. Os soldados alemáns apenas durmían por iso eran máis eficaces como exército. O desprezo dos gobernantes pola vida e dereitos dos seus tan amados soldados perfectamente arios cuxa saúde e vidas non dubidaron en poñer en perigo por andar ás présas e porque, unha vez coñecidos os efectos nocivos, non dubidaron en continuar administrándolles unha droga que inicialmente se lles presentara como inofensiva. Indefensos por enganchados, roubáronlles de tal maneira a capacidade de desobedecer. E non foi a única droga. As farmacéuticas nazis fixeron un bo negocio naqueles tempos.

Concerta®

En 2015, 3 de novembro, no contexto dunha charla que tivo lugar na facultade de Psicoloxía da Complutense en  Madrid (ollo! na facultade de Psiquiatría, non!, na de Psicoloxía…) o psiquiatra Guillermo Rendueles en presencia do xornalista estadounidense Robert Whitaker explicou un pouco a historia das anfetaminas en España. Do seu consumo, tanto, polas amas de casa para levar a cabo traballos domésticos como pasa-lo ferro longas horas, coma, no seu caso persoal e no de moitos dos seus compañeiros, do consumo normalizado na súa xeración polos estudantes de Medicina. Claro que non foi só na súa xeración e non só en Medicina. Unha profe que me deu clases particulares de mates, física e química durante varios anos na miña etapa de instituto, licenciada en Química, que terá agora uns 55 anos, tamén conta que se consumían anfetaminas na súa xeración só que no seu caso non pasou dunha única experiencia (deulle por falar sen parar durante horas ata que lle deu un baixón e adormeceu de golpe). Eu en letras na década dos 2000 non vin anfetaminas na universidade. Pode ser que en letras teña menos sentido pois non temos materias nas que se nos pida memorizar longos contidos.

Descoñezo cales son as razóns de que esa charla tivese lugar na facultade de psicoloxía e non na de psiquiatría. Pode ter que ver con que á psiquiatría que ten o poder en España, a psiquiatría biolóxica, non lle interese (eles mesmos retrátanse constantemente na prensa: o xefe do servizo de psiquiatría de Vigo—Olivares—acusou ó movemento de persoas que senten voces que salvou moitas vidas de estar promovendo ideas “perigosas” nun artigo recente na Voz de Galicia) a crítica construtiva nin oír verdades como que nos países nos que se medica pouco ou non se medica, Colombia, Nixeria, á xente vaille mellor. Recupérase.

Guillermo Rendueles (quen, como info a modo de refrencia temporal, iniciou o seu traballo en 1972 como médico residente no Hospital Psiquiátrico de Oviedo) responde o seguinte á pregunta dun estudante universitario diagnosticado con THDA ó que se lle prescribiu Concerta® para tomar en época de exames sobre os efectos nocivos de dito “fármaco” (o mozo afirma ó preguntar que a el lle induce depresión):

“Concerta es una anfetamina […] la guerra civil española es incomprensible sin el uso masivo de anfetaminas. Centramina, por ejemplo, miles y miles de soldados tomaron centramina. Concerta es una forma ligerísimamente modificada de ese fármaco. Se usó de forma empírica mezclada con alcohol para pelear en la guerra. Las amas de casa: yo recuerdo a alguna tía mía que para planchar aquellas tardes y comer poco tomaba centraminas. La centramina es una droga bastante parecida a la cocaína en los efectos. Se usa de hecho con usos recreativos, las anfetaminas y la cocaína están relativamente cerca. Ese uso masivo permitió saber qué efectos secundarios tienen. Primero es la adicción, cómo sienta tan bien; no es como los antidepresivos y los neurolépticos […]  Yo he tomado centramina para estudiar cuando estudiaba anatomía y ¡no hay mejor cosa! Un tomo así [gesto con las manos haciendo referencia al grosor] y parece que me lo como… Lo fastidiado era al dejar de tomarlas, que para hacer la maleta e irme a casa de la facultad… a veces tenía que tomarme una porque no tenía ánimo para hacer la maleta. Eso, yo, que soy relativamente sereno lo llevé bien. Pero está bastante documentado: paranoias, vamos desencadenamiento de trastornos psicóticos […] todo te parece que tiene relación una cosa con otra, el curso de pensamientos está muy acelerado, te da un cierto pensamiento autorreferencial, si todo eso lo juntas puedes llegar a un trastorno paranoico. En general, tiene buen pronóstico si no hay así una predisposición al dejar de tomarlas.”

As miñas diferencias con Rendueles, o que me fai sentir incómoda das cousas que di (eu que por defecto desconfío de tódolos psiquiatras e considero que debemos investigar a todas e todos, da única forma que vale, lendo as historias dos seus pacientes, preguntándolles a eles, exercesen no franquismo ou agora no post-franquismo, porque cousas bonitas sabemos dicir todas, sobre todo unha vez xubiladas xa sen medo a ser penalizados polo psistema laboralmente) é o uso de frases como ‘trastornos psicóticos’, ‘trastorno paranoico’: este tipo de linguaxe chéirame a alcanfor. Na antipsiquiatría fálase de ‘paranoia’ e de ‘estados alterados da consciencia’ en vez de ‘trastorno psicóticos’ e de ‘trastornos paranoicos’. Sobre todo a palabra ‘trastorno’ dáme moita grima. E non só a min. ‘Pensamiento autorreferencial’ é o mesmo que ‘delirio de referencia’ e ven sendo unha forma de paranoia, crer que as novas do telexornal se refiren a unha/un, que grupos de persoas que falan entre elas están a falar (en xeral, mal) dunha/dun, de que conspiran contra ti, etc.

Rendueles segue dicindo:

“Lo monstruoso es que—en un adulto informado… yo soy partidario de que cada palo aguante su vela, que si te gustan las anfetaminas, sabiendo los riesgos que corres, puedas tomar anfetaminas—se lo den a niños de 7, 8, 9, 10 años. No han mirado si los niños tienen o no la dopamina bien. Los padres hacen un cuestionario completamente conductista y los maestros rellenan otro. Lo juntan y eso da un diagnóstico. Lo describe muy bien Whitaker en el libro. La monstruosidad del trastorno [TDAH] es que se use en niños unos fármacos tremendamente peligrosos en el sentido de los riesgos que corres, que, si los corres voluntariamente, ya digo que yo no le veo ningún inconveniente, se les den a los niños con unos argumentos tan débiles, tan débiles; que dos cuestionarios que, si se aplican a otra serie de poblaciones seguro que dan positivo, generen un uso de psicofármacos de ese tipo.”

O libro de Robert Whitaker ó que se refire Rendueles é Anatomía dunha Epidemia, no que se describe o terrible dano, un verdadeiro holocausto, que supuxo nos EEUU o negocio de medica-la infancia. Suicidios. Tiroteos en institutos. Unha vida enteira como “paciente” psiquiátrico. Non podemos permitirnos importa-la experiencia estadounidense. Dano iatroxénico que ademais custa caro ó erario público.

Rendueles de novo:

“En los niños [las anfetaminas] tienen un efecto paradójico además […] no se sabe bien por qué  no tienen los mismos efectos que en los adultos”

Para que nos entendamos, a medicación seda tomada na infancia e adolescencia. Como profesora de clases particulares tiven a ocasión de comprobar como é imposible ensinar a un neno dun 12 anos medicado (recentemente medicado) con psicofármacos. Para min, foi unha experiencia traumática. Ó principio non entendía por que o neno se comportaba da forma en que se comportaba, se quedaba como parado, era incapaz de executar un pedido sinxelo (ensineille debuxo técnico e fixemos algúns traballos de plástica): hai dez anos estaba moi mal visto drogar nenos e a nai tardou en dicirmo. Pensei que el era así.

No caso do estudante que formulou a pregunta na charla, pola voz, trátase xa dun adulto novo. Que haxa adultos tomando anfetaminas prescritas por psiquiatras legalmente é sen dúbida bastante inquietante. Igual de grave que meterse cocaína. Non sei se a cocaína permite estudar e memorizar.

Rendueles:

“El concerta® es un fármaco relativamente no muy caro pero hay neo – anfetaminas de 2ª o 3ª generación que multiplican el precio por diez y 15 que están actualmente en el mercado reclutando población.”

“La propaganda es terriblemente deshonesta—como cuenta Whitaker, la narración, sobre un falso problema inventar unas poblaciones, había ahí un problema que nadie conocía, estabamos a la espera de este fármaco—a mi juicio y yo no recetaría anfetamina absolutamente a ningún niño.”

Existe unha cousa chamada Fundación INDAGA, Instituto Gallego del TDAH y Trastornos Asociados… Parece que existe desde 2014. Todo o que se di nesa web é puro lixo. Propaganda, bioloxismo, manipulación cientificista, xenetismo. Neste artigo non vou afondar no que está escrito nesa web, simplemente citarei unha afirmación tremenda que aparece no apartado EL TRATAMIENTO:

“No producen adicción, disminuyen riesgo de consumo sustancias  tóxicas en la adolescencia.”

[Aclaro os psicofármacos ós que se refiren: metilfenidato, anfetaminas por un lado e polo outro, os non estimulantes, atomoxetina, antagonistas alfa 2; marcas: Rubifen®, Medicebran®, Medikinet®, Equasym®, Concerta®, Elvanse® e, dos non estimulantes, Strattera®, Intuniv®]

Seguimos con Rendueles:

“Los adultos, sabiendo para qué sirve, yo soy partidario de la legalización de las drogas. Es una droga más a legalizar, ya digo, bastante cercana a la cocaína.”

“La gavedad moral de esa prescripción es que se hace con unos datos mínimos, los cuestionarios para determinar que un crío padece trastorno de hiperactividad, no sé si los has visto, pero son dos hojas, dos hojas, de poner cruces. Las pone el maestro, las pone el padre del crío que está hasta las narices de que no estudie, no haga las cuentas, se suman los dos cosas y el crío está años y años tomando una anfetamina que ya te digo el uso que tenía antes.”

A verdade é que os pais heterosexuais nas parellas heteronormativas non adoitan implicarse moito. Sospeito que son as nais as que poñen as cruces. Cando Rendueles fala do libre consumo de drogas tamén o fai desde un punto de vista patriarcal pois quen ten que coidar non debe estar drogado. A xornalista Cristina Fallarás reflexionaba sobre o caso dunha muller á que lle retiraran a custodia do fillo ou filla polo seu alcoholismo. Preguntábase Fallarás a cantos pais alcohólicos lla retiraran.

Segundo Whitaker, os nenos (é un diagnóstico que reciben en maior porcentaxe os nenos do que as nenas) nacidos en decembro teñen un 50% máis de posibilidades de seren diagnosticados. Cando llo oín por primeira vez a Whitaker case me rebenta a cabeza pois eu nacín en decembro. E Dilma Rousseff. De tal forma os nenos máis pequenos da clase teñen máis posibilidades de ser diagnosticados (ridículo desde o punto de vista científico). Como nena nacida en decembro sempre me sentín moi pequena na clase e hai tempo que cheguei a conclusión de que quizais debería terse en conta a idade que teñen as nenas/os en setembro á hora de decidir o ano no que lle corresponde inicia-la súa vida escolar. Que non deixaría de ser un parche. O THDA non só é un negocio lucrativo tamén nos distrae da necesidade verdadeira moderniza-lo noso sistema educativo e de dotalo de profesores e medios. O problema non está nas nenas e nenos senón na sociedade. O número de alumnos nas aulas. Os contidos. A inclusión (neurodiversidade, diferencias de clase). A diversidade (habilidades e intereses). As materias. Non pode ser que o deporte e a música sexan materias consideradas secundarias. As marias como se as chamaba menosprezando a súa importancia para a formación dos seres humanos e para súa felicidade e creatividade. Eu que aprobei todo o que “tiña” que aprobar sinto arrepíos cando recordo o paso pola escola e o instituto (o meu profe de historia coa súa propaganda franquista tipo ‘a equidistancia dos dous bandos’, etc.) e logo a universidade (moitos profesores non facían nada nin sabían nada). Por outro lado, o fracaso escolar, a dificultade para concentrarse poden ser un sinal de que o neno poida estar sufrindo abusos sexuais ou outro tipo de maltrato e violencias. A actriz Sally Field (que desvelou as agresións sexuais ás que a sometera o seu padrasto á opinión pública con 70-71 anos) explicou no seu libro In pieces publicado en 2018 precisamente como era incapaz de realizar calquera operación matemática con 12 anos debido ás agresións sexuais (procesos de disociación) e en cambio era capaz de memoriza-los textos no grupo de teatro da escola. Hoxe en día calquera psiquiatra usa frases como ‘ideación delirante de dano/prexuízo’. Moitos psiquiatras escriben na historia médica que as/os pacientes inventan agresións que non ocorreron. Incluso aínda que haxa probas de que si ocorreron esas agresións. De todas formas, por poñer un exemplo diferente, no que nada tan terrible lle ocorrese a ese neno, a precariedade laboral dunha nai cuxa parella ou ex-parella pase olimpicamente da súa prole ou sexa un tipo violento con orde de afastamento dificultará que a nai lle poida prestar a axuda necesaria, a atención necesaria, nunha etapa difícil para un adolescente, un neno. A chave estaría nese caso non en culpabiliza-la nai senón en axudala. Desde tomar medidas que repercutan en toda a poboación, como abolir reformas laborais destrutoras de emprego e precarizantes (as leis que permitiron a escravitude laboral e crearon a figura do traballador pobre), medidas como educa-los homes para que realicen a parte do esforzo que lles corresponde e respecten as súas mulleres ou ex-mulleres e non as agridan nin as maten, medidas como poñer á disposición dos nenos que o necesiten clases particulares pagadas polo Estado, todo o que ten que ver cos coidados e os horarios laborais adaptando ós horarios escolares, educar a educar sen condescendencias diversas, reflexionar sobre o que se pode estar facendo mal (moitas horas de pantallas) apoio ás familias monomarentais (maioritarias) e monoparentais que as hai.

A futura e esperada nova Lei de Protección da Infancia debe incluír protexe-los nenos/as e adolescentes da pedopsiquiatría e xuvenil (medicación, electrochoque, correas, ingresos). Citando a Thomas Szasz: “a Medicina non se ocupa do comportamento humano”.

Retomo a Rendueles:

“En Asturias me parece que hay una población de 800 críos—Asturias tiene un millón de habitantes, es como un barrio de Madrid—que siguen de una forma crónica los consumos de anfetaminas de alto precio, no Concerta® precisamente.”

A descontinuación de psicofármacos debe realizarse de forma gradual. Os médicos de atención primaria e psiquiatras no noso país non están formados para descontinuar. Só se pola súa conta se forman e investigan e desaprenden. É coñecida e valorada positivamente—polos superviventes da psiquiatría e os antipsiquiatras—pola súa maior seguridade (en comparación cunha retirada brusca ou rápida de máis) a estratexia do 10% que consiste en reducir un 10% da cantidade anterior (non da cantidade inicial) cada mes. Inflúe tamén canto tempo, días, meses, anos, leve a persoa tomando medicación. Se toma outros psicofármacos. Debe facerse un por un. Ás veces o malestar é tan grande os primeiros días de toma da medicación que tórnase absolutamente necesario parar bruscamente. Os procesos de retirada son diversos coma os seres humanos son diversos. Ás veces o malestar é tan grande na descontinuación que algunhas persoas están rebaixando un 1% cada mes (da cantidade total inicial). Coñecemos a un adolescente que deixou Medicebran® ou Medikinet® bruscamente tras un ano de toma e sobreviviu sen secuelas. O rapaz xa o estaba pasando moi mal tomándoa. Insomnio, depresión. Pero tivo moitísima sorte. Moitísima. Moitísima. Agora está ben e saca boas notas. É moi alto coma o pai.