Opinión por Iria Rodriguez | Sobre o suicidio: consellos e algunhas ideas.

Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Opinión,Opinión por Iria Rodríguez

Opinión por Iria Rodriguez | Sobre o suicidio: consellos e algunhas ideas.

Consello 1: nunca lle digas a alguén que está pensando en suicidarse ou xa o intentou que ten moitas razóns polas que vivir (porque estás menosprezando o seu sufrimento e tamén se cadra estás a chamar parva a esa persoa, que sabe cousas que ti non sabes e ten segredos). As razóns do seu sufrimento poden estar no pasado. Na infancia ou no franquismo (culpa).

Consello 2: o paso por un andar de psiquiatría aumenta as posibilidades de suicidio. Por que? Pois pola violencia psiquiátrica: se te atan, te encerran e medican pola forza igual che fan sentir peor… non sei, parece obvio pero non o é para os nosos “valiosos profesionais” que non teñen nin puta idea. Polo tanto, non fagas nada que poida contribuír a que encerren a esa persoa.

Consello 3: nunca traizoes a esa persoa (chamando a unha ambulancia por exemplo ou contándolle a alguén o que ela che contou).

Consello 4: as flores que en ocasións familiares ou amigos colocan nos lugares onde se suicidou o seu ser querido poden ter un poder disuasorio (como as flores na estrada no caso dos accidentes de tráfico)—lembraranlle a esa persoa que os seus familiares sufrirán moito coa súa perda; poñamos flores.

Idea 5: o consumo de psicofármacos… os antidepresivos, aumentan as posibilidades de suicidio (nos primeiros días de consumo ou co tempo, pola frustración de non mellorar).

Idea 6: o suicidio non é parte da doenza que supostamente padecen as persoas psiquiatrizadas, as persoas psiquiatrizadas suicídanse pola perda de dereitos, o maltrato institucional e social, os efectos nocivos terroríficos dunha medicación que con moita frecuencia toman baixo coacción ou son obrigados a tomar pola forza, a falta de esperanza (díselle que recuperarse non é posible, que nunca volveran traballar, que terán que malvivir cunha pensión miserable, non terán unha familia propia, se lles quita a capacidade de obrar xuridicamente—isto é de defenderse e toma-las súas propias decisións—non se lle axuda a entender e xestionar experiencias que os poidan aterrar coma as visións ou oír voces (que non son necesariamente algo negativo), se sufriron violencia se lles di que están a inventar cousas…)

Idea 7: o deterioro físico por consumo de psicofármacos (polifarmacia) inflúe no estado de ánimo das persoas psiquiatrizadas. A medicación fanas aumentar de peso (problemas de autoestima), incrementa a segregación de suor, a pel torna amarelenta. Os “profesionais” culparanos dese deterioro (comen de máis, non se asean).

Idea 8: o abandono da medicación de forma abrupta (moitas persoas deixaron a medicación e grazas a iso recuperaron as súas vidas e iniciaron un proceso de recuperación verdadeira de costas ó psistema) pero deixala de forma abrupta ten os seus perigos… a síndrome de abstinencia pode ser insoportable, tanto como a idea de volver tomar medicación. A persoa desesperada e soa sen apoio pode optar por non querer seguir vivindo, por falta de esperanza.

Idea 9: as persoas non queren chamar a atención, están a pedir axuda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.