Opinión por Jose Manuel Ledo | CARTA ABERTA A Abel Caballero

Por o 16/05/2019 | Sección: Opinión
Opinión por Jose Manuel Ledo | CARTA ABERTA A Abel Caballero
Compartir en:

Señor Alcalde:

Vigo non precisa obras faraónicas, pois as pirámides xa foron construídas polos exipcios no seu momento. O que precisa e un Alcalde con luces, capaz de xestionar, dirixir, e manter os recursos dos que unha cidade coma nosa xa conta.

Como sucede co tema da auga, que non se soluciona nin con un transvase, nin con un encoro, se non mantendo, conservando e actualizando o sistema de abastecemento, que na actualidade conta cunhas perdas do 25%.

Facéndose necesario ademais cambiar o sistema de facturación, para o cobro da auga potable, que na actualidade esta nun mínimo de 30 m cúbicos, cantidade desorbitada que roza a estafa.

Os vigueses precisan un sistema de facturación que lles cobre por metro cubico consumido. Favorecendo así o consumo consciente, e abaratando o gasto as familias viguesas.

Non esqueza que a auga e un ben necesario pero escaso, pois aínda que o 70% do planeta esta cuberto por auga, so un 1 % de esa cantidade, se considera potable ou apta para o consumo. Non podemos esquecer tampouco, que os recursos hídricos constitúen unha cuestión critica para o futuro e a supervivencia do planeta, xa que a dispoñibilidade de auga potable se atopa directamente ameazada, polo cambio climático. Con veráns e invernos cada vez mais secos, como sucedeu recentemente. De feito, como ben sabe, estivemos a quince días de ser intervidos pola Xunta, con motivo da seca que viviu esta cidade.

Por iso mesmo cada vez se fai mais necesario tomar conciencia, de este ben tan escaso como necesario, para protexelo, tomando as medidas necesarias, para que podamos disfrutar del o maior tempo posible.

Medidas que pasan inevitablemente por: actualizar e arranxar o sistema de abastecemento, separación do sistema de canalización de augas residuais, dende a orixe ata a depuradora, en tres grandes grupos: a).- augas residencias, b).- augas industriais, e).- augas pluviais. Con respecto a estas ultimas, precisase contar con urxencia con un sistema de recollida de augas pluviais, para uso domestico e de regadío de parques e xardíns.

Pero sobre todo, non podemos, tomalo como un tema menor, ignorándoo, descubrindo mais tarde que pronto, que por non prestarlle a atención debida, se funde baixo os nosos pes, como o marisquiño que foi.

3 Respuestas a "Opinión por Jose Manuel Ledo | CARTA ABERTA A Abel Caballero"

  1. Gamela   17/05/2019 at 12:07

    Augas de Galicia tamén ten parte no negocio da auga, así por riba uns 230 millóns foron parar ás constructoras da EDAR do Lagares, pero ninguén sabe se depuramos eficazmente ou simplemente facemos como na EDAR de Teis que bota merda á ría día sí e día tamén!

    https://flic.kr/p/QpAGAj

    Así que o negocio e doble: pagamos no recibo os 30 m3 que non consumimos, pagamos o canon de saneamento, e vía emisario submarino botamos a merda a carón das Cíes…!

    Ollos que non ven… esta é a política do avestruz que tanto gusta aos vigueses (seica?)

    Responder
  2. pedagogoenvigo@gmail.com   17/05/2019 at 16:14

    Gamela por favor pasame o video, quero darlle pulo nas redes. Temos que facer que se visualice

    Responder
    • Gamela   17/05/2019 at 19:53

      O vídeo é público e pódelo descargar picando na flecha da parte inferior dereita da propia imaxe.
      Lamentablemente ten moi mala calidade pero podes editalo e melloralo a túa vontade… 😉

      Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.