Opinión por Rogelio Santos Queiruga | Hipercontrolados

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Opinión,Opinión por Rogelio Santos

Opinión por Rogelio Santos Queiruga | Hipercontrolados

Estes días estase falando moito de furtivismo, dos turistas e outra xente que collen marisco nas praias e de como a xente do mar facemos ou deixamos de facer.

Pois ben, só para que saibades :

Cada dia, cando volvemos do mar, ata a máis pequena das embarcacións ten a obriga de declarar todo o que pesca e vender nunha lonxa para que a través dela o Estado poida levar o control e facer “clin clin”, si, é dicir, caixa. Se queremos leva-lo peixe a outra lonxa, como é no noso caso dende Porto do Son ata Ribeira, temos que pesa-lo peixe, todo o que pescamos, indicando as especies, ata OS GRAMOS DE KILO, tódolos datos da embarcación, do patrón, do transportista, do peixe… Normalmente esto faise nunha máquina a pé de porto ou na oficina se está aberta. Durante todo o proceso dende que o pescas ata que chegas á lonxa sexa por mar ou por terra, incluíndo a nivel burocrático os teus datos, hai un exercito de inspectores, funcionarios, policía, etc. vixiando ou poden aparecer de sorpresa para ver se o que levas enriba é o que declaraches.

A esto hai que sumar o resto de requisitos que debemos cumprir para poder ir ao mar, como cotas, vedas, tamaños, zonas protexidas, horarios, tamaño e cantidade de redes… etc.

Están máis controlados os mariñeiros que os narcos.

Eu sempre digo cando vou para cubrir o documento de transporte que vos amoso abaixo, tamén chamado “guía”: Vou cubrir a Guía, non vaia a ser que roube algo, que despois do de Rato e do da Gürtell o goberno non quere deixar nada fora de control, non vaia a ser…

Ah, e paréceme ben !!!! Encántanme que me controle parte dun sistema corrupto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.