Cayetana Álvarez de Toledo (Partido Popular) (Arxentina) española de puro sangue.
Inés Arimadas (Cidadáns). Gaditana máis catalana co, Albert Pla.
Rocío Monasterio ( VOX ). Cubana. Inmigrante e millonaria .
Aínda que eu tamén incluiría a Irene Montero, quen non lembra aquela frase “Tanto monta e monta tanto Isabel, como Fernando”, neste caso aplicalo á Sra Montero e ao Sr Iglesias, case igual por aí anda a cousa.
Mulleres de armas tomar , penso que o Sr Casado é quizais o líder de que fixo a mellor aposta , nomear portavoz á Sra Cayetana , foi unha decisión da que moitos españois estamos moi contentos , seguro; e é que entre ámbolos dous,case seguro farán desaparecer do mapa político español, ao Partido Popular.
Lembro ao sr Rajoy que a pesar de non facer nada aínda foi capaz de soster ao PP, quizais o non facer nada e deixar aos partidos de esquerda , cada día máis divididos, pelexaran entre eles, foi a forma de estar de presidente do Goberno case dúas lexislaturas.
O certo é que segundo o CIS, do que todos fan chistes e rinse, mesmo non esta moi acertado , igual hai sorpresas, non o sei, pero dunha cousa estou seguro, os partidos de Esquerda deste país, están a xogar con lume e non lles parece importar o máis mínimo, o pobo que á fin e ao cabo foi quen os puxo aí . Un dos principais motivos desta forma de actuar , pode ser que , as súas señorías están a cobrar un soldo sen traballar , xa que non temos goberno, seguen xogando ao «e ti máis», hai que mudar a lei e mentres non haxa goberno , que cobren o “Salario Mínimo Interprofesional”, ou mellor, que non cobren, xa está ben de tomarnos o pelo.
Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.
Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.
Una respuesta para "Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | As tres xoias da política “Española”"