Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | As tres xoias da política “Española”

Cayetana Álvarez de Toledo (Partido Popular) (Arxentina) española de puro sangue.

Inés Arimadas (Cidadáns).  Gaditana máis catalana co, Albert Pla.

Rocío Monasterio ( VOX ). Cubana. Inmigrante e millonaria .

Aínda que eu tamén incluiría a Irene Montero, quen non lembra aquela frase “Tanto monta e monta tanto Isabel, como Fernando”, neste caso aplicalo á Sra Montero e ao Sr Iglesias, case igual por aí anda a cousa.

Mulleres de armas tomar , penso que o Sr Casado é quizais o líder de que fixo a mellor aposta , nomear portavoz á Sra Cayetana , foi unha decisión da que moitos españois estamos moi contentos , seguro; e é que entre ámbolos  dous,case seguro farán desaparecer do mapa político español, ao Partido Popular.

Lembro ao sr Rajoy que a pesar de non facer nada aínda foi capaz de soster ao PP, quizais o non facer nada e deixar aos partidos de esquerda , cada día máis divididos, pelexaran entre eles,  foi a forma de estar de presidente do Goberno case dúas lexislaturas.

O certo é que segundo o CIS, do que todos fan chistes e rinse,  mesmo non esta moi acertado , igual hai sorpresas, non o sei, pero dunha cousa estou seguro, os partidos de Esquerda deste país, están a xogar con lume e non lles parece importar o máis mínimo, o pobo que á fin e ao cabo foi quen os puxo aí . Un dos principais motivos desta forma de actuar , pode ser que , as súas señorías están a cobrar un soldo sen traballar , xa que non temos goberno, seguen xogando ao «e ti máis», hai que mudar a lei e mentres non haxa goberno , que cobren o “Salario Mínimo Interprofesional”,  ou mellor, que non cobren, xa está ben de tomarnos o pelo.

Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.

Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • Gamela

    As nóminas da democracia semellan ser o seu único obxectivo político !
    https://twitter.com/GamelaNova/status/1159026006432407553

    En canto aos Marqueses de Galapagar (é penosa a imaxe que dan, e nin se poñen coloradas, como a “nosa comunista” Eva Solla que levanta 96.000 € ao ano como vicepresidenta na cámara galega (así é comunista calquera!)

    https://i.gal/gamela15

    Pero os “progres” din que está moi feo falar de cartos !!!