Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | BUEU: Segue sendo a Capital Cultural da Península do Morrazo

Publicado por o día 19/08/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | BUEU: Segue sendo a Capital Cultural da Península do Morrazo

Sinceramente coido que o Concello de Bueu, da man do seu Alcalde, Don Félix Juncal converteuse na Capital do Morrazo, obviamente non pola cantidade de habitantes que ten, xa que, niso é sen dúbida o que menos.

O traballo deu os seus froitos e este ano volve repetir como Alcalde, contando con Julio Villanueva (antes compañeiro e Concelleiro do seu equipo) agora mesmo o único que non traizoou a Luís Villares e que unha vez máis repite tamén, aínda que nesta ocasión como socio do Goberno, é concelleiro de Ace/son (En Marea).

E é que, agora mesmo o concello máis pequeno da nosa comarca, é xa “A Capital Cultural de Morrazo”  Teno todo, no verán actividades deportivas de todo tipo, Balonmán, Voleibol, Fútbol, iso na praia da Banda do Río e obviamente repercute en todo o que a hostalería refírese, co Entroido tanto no de toda a vida, como o de verán que se celebra nestas datas, pasa o mesmo, o pobo cheo comparsas, Charangas, o Remo, Traiñas, o F.I. C., xa famoso no mundo enteiro, o San Martiño e como esquecer o Son Rías, que cada ano supérase, o Museo Massó… Estaleiro do Purro, e un longo etc de actividades, que para nomear todas penso faríame falla un día enteiro, polo menos. Aínda que hai algo que dixo no mitin de presentación como candidato antes da eleciones, no Centro Social do Mar ( ao que asistín ), o mismísimo Félix Juncal.

Bueu contará cunha Piscina Municipal, así que non queda máis que dicir unha crúa realidade, Bueu medra, Moaña medra, mentres Cangas segue paralizada, por algo será. E é que nas eleccións municipais vótase á persoa, non ao partido e un barco sen un bo patrón é fácil que perda o rumbo, Moaña tampouco queda atrás e cunha nova Alcaldesa, que de momento leva un bo rumbo e volve repetir,  tamén este ano no cargo e é do mesmo partido, os meus parabéns.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.