Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Cangas fermosa vila “Afundida na escuridade”

Publicado por o día 11/08/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Cangas fermosa vila “Afundida na escuridade”

O que está a suceder neste concello, non é normal, levamos uns anos en que as verteduras de augas fecais ao mar, son xa habituais, desde a Edar, situada a non máis de 200 metros da praia da Congorza en Balea, como nas parroquias de “Aldán e a de Hío” (concretamente en Vilariño), toneladas de excrementos van parar ás Rías de Vigo en Cangas, á beira da praia de Areamilla (Bandeira Azul) e á Ría de Aldán, que afecta, non só ás praias de Vilariño e San Cibrán, xa que todas as verteduras desembocan na Ría de Aldán, como xa dixen e iso, pode afectar a todas as praias, tanto as da zona de Aldán, dende San Cibrán ata Lagos, que xa pertence ao Concello de Bueu, aínda que está situada na Ría de Aldán, igual que a de (Beluso); e como é lóxico a todas as praias que, están na banda da zona de Hío, dende Vilariño ata Punta Couso.

Obviamente toda a fauna e flora mariña  está afectada por estés vertidos, así como ás Bateas que, producen o famoso mexillón, produto estrela da Rías Baixas, e ao mesmo tempo por centos de postos de traballo que viven das Bateas, mesmo mariscadores/as, de todo tipo ( croques, navallas, nécoras, etc… etc…) dos que, tamén vive a maioría da xente de Cangas e máis aínda as de Hío e Aldán.

O máis  lamentable é ver que, os concelleiros/as dos partidos políticos, elixidos polo pobo de Cangas, non din nada, dáme pena ver que só o Partido Popular de Cangas, fose o único que manifestou, na prensa a súa protesta, mentres os demais calan e dígoo por un motivo moi sinxelo, levo votando á esquerda dende que cumprín 18 anos, o día, 03 de Abril de 1979, alí mesmo na mesa electoral de O Hío, onde estaba como apoderado do entón Partido Comunista, e saíu elixido Xosé Chapela (Pepe Chime ) falecido o 26 de Xullo do 2016.

Resumindo coido ,  que non vale a pena ir votar , visto o visto , de aí o titulo deste artigo.

Vertedura de Agua fecais na Praia de San Cibrán
Vertedura en Vilariño

Comentar noticia

Your email address will not be published.