Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Chega outra vez a “Sta Campaña”

Como xa é costume, cando chegan as eleccións aos nosos políticos sáenlle ideas para mellorar as nosas vidas «fantásticas» (a maioría son iso , pura fantasía ), obviamente isto implica promesas e máis promesas, ás veces lémbranme as poxas que se fan nas lonxas de peixe ás que uns anos da miña vida dediqueime. Era ver ao vendedor/a ofrecendo un produto do mar e segundo fóra peixe, marisco, poñíalle un prezo de saída e empezaba a poxa pero claro alí non había trampa se non pagabas non comprabas.

Pola contra a clase política, polo xeral vende promesas neste caso a pesar de que son conscientes de non poder cumprilas e non pasa nada.

A miña pequena reflexión é non debería de haber unha lei para castigar ou sancionar dalgunha forma aos que non cumpran as súas promesas?. Unha idea podería ser facelos dimitir ou sancionalos dalgún xeito, que non puidesen volver presentarse máis á eleccións por exemplo; así moita xente que non vota faríao, seguro.

Estamos fartos de tantas mentiras, tanto da esquerda , cómo da dereita, xa parecen todos iguais.

Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.

Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • mari luz seijo

    boa persona ,,,,,,eu fun a sua discipula no bolei