Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Estamos malcriando á nosa mocidade?

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Estamos malcriando á nosa mocidade?

Hai un ano aproximadamente vin un artigo que chamou a miña atención e neste intre lembreime , o titular era algo así, estamos a protexer tanto aos nosos fillos que os estamos facendo un pouco inútiles?. O certo é que falando cunha amiga de toda a vida coméntome o seguinte, foder, este neno esta parvo antes de ir ao instituto se tirá máis de media hora no espello, a tinguir o pelo e iso escorrégame (palabras textuais ), pero que repita curso,  xa que o ano pasado suspendeu 6 materias e que este ano leve o mesmo rumbo, vai ser que non, que se vaia a vivir co seu pai que tanto o anima e quere igual que o avó; claro alí consénteno e dinlle o bo que é e todo iso, sempre coa mellor intención (quero pensar ben, confésame ) pero claro o neno vive con ela (separada) e está a pagar un piso á parte dos gastos e todo o demais (hipoteca, estudos… etc ) claro para o avó e o pai levalo de cando en vez é unha gozada, pero durante todo o ano hai que mantelo e o demais é dicir o pack enteiro  hipoteca, estudos, gastos, casa, ibi etc,….).

Que facemos con estes rapaces, o certo é que coñezo máis unha ducia de casos e non vexo forma de arranxar isto, a ver as autoridades competentes buscan unha solución e gáñanse e soldo que todos lles pagamos xa que a este paso imos ter a maior xeración de “NIN- NIS ” de todo Europa, iso como mínimo. O motivo é obvio, témolos súper protexidos.


Comentar noticia

Your email address will not be published.