Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Novas verteduras de augas fecais no Concello Cangas…. naturalmente.

Publicado por o día 20/10/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Novas verteduras de augas fecais no Concello Cangas…. naturalmente.

Alarma en Pinténs (O Hío , Cangas do Morrazo), segundo manifestan veciños desa zona as verteduras de augas fecais levan xa máis dunha semana e parece que non lle importa a ninguén . Estes van directamente á Praia de Pinténs e de aí á Ría de Aldán. Hai que lembrar que nesta Ría hai unha gran cantidade de Bateas de onde sae quizais o mellor mexillón das Rías Baixas, é por iso que tamén os Bateeiros están moi preocupados por estes sucesos que parece algo normal para os responsables do tema. As verteduras a esta Ría son algo habitual xa que non só proceden de está zona, durante estes 4 últimos anos houbo vertidos tamén en: Aldán (Río Orxas), Vilariño e tamén na zona de Balea (Cangas) onde está instalada a famosa depuradora (EDAR) xa obsoleta e que non dá abasto aliviando a a Ría de Vigo todo o que non pode procesar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.