Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Novas verteduras de augas fecais no “Río Orxas ”

Onte en Aldán coa marea baixa o cheiro faise xa insoportable, xa non quedan nin os muxos que comen de todo, á beira da ponte que vai cara ao peirao de Aldàn nin rastro dun peixe ata hai pouco sempre quedaban os pequenos nas poxas, incluso os patos salvaxes xa se van ao final do a desembocadura, isto non parece importarlle a ninguén no Concello de Cangas, a xente do pobo xa se escapaba da Alameda debido ao forte cheiro. A vertedura foi o Venres día 11, aínda que isto é algo xa habitual, non só en Aldán, senón tamén en Vilariño.

E polo que se ve ao actual Goberno de Cangas dálles igual, claro que isto é culpa da anterior dos que gobernaban na anterior lexislatura, vaia non me acordaba tamén gobernaba ACE e era Alcalde.

O noso amado líder supremo o Sr Don Xosé Manuel Pazos Varela que é presidente da Mancomunidade do Morrazo, Concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá e foi Vicepresidente da errada Área metropolitana de Vigo e aínda ten tempo para traducir «Obras» como o mesmo di no seu Facebook, hai que lembrar que foi durante dous anos actor profesional e ten varios premios pola súa traxectoria.

Ida e volta (Taxi), premio Max ao mellor autor teatral en galego.

Desembarco dos turcos.

María Soliña.

Act-Tress.

Crónica da peste.

María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.

Son só algunhas das súas obras, o problema é que aínda non se deu conta de que esa época xa pasou e agora é o Alcade de tódolos que vivimos en Cangas non só dos 2301 veciños/as que lle votaron, acabo dicindo que é socio da SGAE, que para a miña e  para moita xente non é máis que unha “Mafia Cultural”.

Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.

Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.

SIGUENOS EN TELEGRAM